Monóxido de Carbono (CO)

Que é?

O monóxido de carbono (CO) é un gas inflamable, incoloro, inodoro, insípido e altamente tóxico. É emitido principalmente como consecuencia da combustión incompleta de carburantes fósiles e de biocombustibles.

A súa vida media na atmosfera é duns tres meses, o que permite a súa lenta oxidación para formar  dióxido de carbono (CO2), proceso durante o cal tamén se xera O3.

Fontes

Natural: Orixínase pola oxidación do metano (CH4) procedente da fermentación anaerobia da materia orgánica. Tamén se xera nos incendios forestais.

Antropoxénica: Principalmente a combustión incompleta de carburantes nos automóbiles. Tamén debido a actividade industrial, a calefacción dos fogares e a combustión de desperdicios.

Como afecta á saúde?

O monóxido de carbono ten unha afinidade coa hemoglobina moito maior que c&ocaute; osíxeno, polo que interfire no mecanismo de transporte ol osíxeno do sangue, reducindo a osixenación nos órganos e tecidos do corpo.

Respirar baixas concentracións deste gas pode inducir dor de cabeza, náuseas, fatiga, dificultade para pensar con claridade e problemas cardiovasculares.

A exposición a niveis de concentración moi altos pode causar a morte.

Como se mide?

O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a medición do monóxido de carbono é o que se describe na Norma UNE-EN 14626:2013 “Calidade do aire ambiente. Método normalizado para a medición da concentración de monóxido de carbono por espectroscopía infravermella non dispersiva”.

Valores límite lexislados

CO

Valor

Período

Valor límite para a protección da saúde humana 10 mg/m3

Máxima diaria das medias móbiles octohorarias


Logo Xunta 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 2.0.0
Teléfono: +34-881-999654
Galicia