Benceno (C6H6)
Que é? |
|||||||
O benceno é un hidrocarburo aromático líquido e incoloro. Evapórase con moita facilidade emitindo vapores tóxicos e inflamables. Forma parte dos denominados Compostos Orgánicos Volátiles (COVs). Está composto por seis átomos de carbono e a cada un deles encóntrase enlazado un átomo de hidróxeno. Atópase no alcatrán de hulla e no petróleo, dos que se separa por destilación. A degradación do benceno na atmosfera contribúe á formación de ozono (O3). |
|||||||
Fontes |
|||||||
Antropoxénica: A fonte principal é o tráfico urbano, a evaporación de gasolinas e gasóleos durante a súa manipulación, distribución e almacenamento, a produción de diferentes compostos químicos, as emisións procedentes da combustión incompleta do carbón e de produtos derivados do petróleo e a manufactura de pinturas ou a súa utilización por calquera tipo de industria. |
|||||||
Como afecta á saúde? |
|||||||
O benceno é unha substancia canceríxena recoñecida. Respirar benceno pode causar mareos, taquicardia, tremores, dor de cabeza e perda do coñecemento. Os efectos adversos máis significativos dunha exposición prolongada son os danos ás células de material xenético, que poden causar cancro. A exposición crónica pode debilitar a medula ósea e causar efectos hematolóxicos como a diminución do reconto de glóbulos vermellos e brancos. |
|||||||
Como se mide? |
|||||||
O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a medición do benceno é o que se describe na Norma UNE-EN 14662-3:2016 “Método normalizado para a medición das concentracións de benceno. Parte 3: mostraxe automática por aspiración con cromatografía de gases”. |
|||||||
Valores límite lexislados |
|||||||
|
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5