Auga de chuvia

IntroduciĆ³n

A Rede Galega da Deposición Atmosférica constitúese inicialmente, como un proxecto de investigación desenvolvido, dende o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (LMAG) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, para caracterizar a composición da auga de chuvia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Hoxe en día, xa forma parte da información ambiental que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pon a disposición dos cidadáns como complemento aos requisitos de información ao público que establece o Real Decreto 102/2011, do 29 de xaneiro de 2011 de mellora da calidade do aire, modificado polo Real Decreto 39/2017, de 27 de xaneiro.

Dende a Subdirección de Meteoroloxía e Cambio Climático, realízase a recollida das mostras con periodicidade mensual, e na Sede da Coruña do LMAG, lévanse a cabo as análises dos diferentes parámetros. Caracterízanse as mostras coa medida do pH e a conductividade, a análise dos ións mediante cromatografía iónica, e dos metáis mediante espectrometría de masas con plasma de acoplamento indutivo.

Neste momento, na Rede podemos atopar puntos de mostraxe nos principais núcleos urbanos de Galicia e en zonas afectadas pola industria.
A continuación, móstranse os datos obtidos nas diferentes estacións por parámetro e data de mostraxe.

Consulta de datos

Aviso legal: A información proporcionada ten carácter meramente orientativo e destinado a información e observación ambiental.En ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales atópanse estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.Ademais os valores están sometidos a rutinas de validación ao longo do tempo, polo que se poden dar aproximacións ou modificacións destes datos.A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non asume responsabilidade algunha sobre as diversas utilizacións ou interpretacións que o usuario poda facer dos datos subministrados.

Logo Xunta 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 2.0.0
Teléfono: +34-881-999654
Galicia