Amoníaco (NH3)
Que é? |
|
O amoníaco está formado por un átomo de nitróxeno e tres de hidróxeno. Trátase dun gas incoloro, de olor moi penetrante, bastante soluble en auga e en estado líquido é facilmente evaporable. Caracterízase por ser unha base forte, corrosiva e que reacciona violentamente con ácidos, oxidantes fortes e halóxenos. |
|
Fontes |
|
Naturais: A degradación de materia de orixe animal e vexetal. Antropoxénicas: Degradación de lixo, uso de fertilizantes nitroxenados, procesos industriais como fabricación e tratamento de téxtiles, plásticos, explosivos, celulosa e papel, produtos de limpeza, etc. |
|
Como afecta á saúde? |
|
A exposición a altas concentracións de amoníaco no aire pode producir queimaduras graves na pel, ollos, garganta e pulmóns, e en casos extremos pode provocar cegueira, dano no pulmón (edema pulmonar) e incluso a morte. A baixas concentracións pode causar tose e irritación de nariz e garganta. |
|
Como se mide? |
|
O amoníaco mídese mediante un dos seguintes métodos:
|
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5