MeteoRoute
Introdución

MeteoGalicia, no marco do proxecto RAIA.co e conxuntamente co Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, publica a aplicación móbil MeteoRoute, que permite obter información meteorolóxica e oceanográfica personalizada para rutas e traxectorias, tanto por terra como por mar.

MeteoRoute está dispoñible para o sistema operativo Android e para iOS (iPhone). A aplicación está traducida ao galego, castelán e inglés e obtén os datos da API do MeteoSIX que proceden directamente dos resultados dos programas informáticos de predición numérica de MeteoGalicia, sen supervisión humana.

Para Android a aplicación está dispoñible de balde no Google Play.

Para iOS (sistema operativo móbil de Apple) a aplicación está dispoñible de balde na App Store de Apple.


MeteoRoute
MeteoRoute   MeteoRoute   MeteoRoute   MeteoRoute

MeteoRoute permite obter a predición meteorolóxica e oceanográfica para as rutas definidas polo usuario. Para cada ruta o usuario pode elixir que variables quere visualizar nos marcadores do mapa, se ben poderá consultar todas as variables dispoñibles no modo de lista. As variables dispoñibles son: estado do ceo, temperatura, precipitación, vento, humidade relativa, presión atmosférica, cota de neve, temperatura e salinidade da auga, e altura, dirección e período de onda.

Á hora de definir unha ruta pódese especificar o modo: en coche, bicicleta, a pé ou en barco. As rutas calcúlanse a partires dunha orixe e un destino definidos polo seu nome ou coordenadas. Tamén se pode seleccionar os puntos da ruta manualmente sobre o mapa e debuxar rutas en barco.

A cobertura actual comprende o sudoeste de Europa, aínda que a zona de predición con maior precisión cobre o noroeste da Península Ibérica.

A aplicación tamén pode importar arquivos KML co cal pode consultar a predición meteorolóxica para infinidade de rutas xa creadas.

Ademais, pode enlazar coa aplicación MeteoSIX para consultar unha predición aínda máis detallada para cada punto da ruta.

As rutas obtéñense usando a MapQuest Open Directions API Web Service.

¿Que é MeteoRoute?

Meteoroute é unha aplicación móbil que permite consultar a predición meteorolóxica para planificar viaxes en coche, barco, bicicleta e senderismo.

Proxecto RAIAco

O proxecto RAIAco, Observatorio Oceánico da Marxe Ibérica, naceu en abril de 2011 como continuación do proxecto RAIA do cal forman parte 13 socios da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal. Ambos proxectos (coordinados desde MeteoGalicia) teƱen, entre outros obxectivos, o de dotar ao Observatorio Oceánico RAIA dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) para o acceso aos datos meteorolóxicos e oceanográficos e proporcionar canles de acceso á información adecuados para o maior número posible de usuarios.

Ligazóns de interese

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia