Avisos e actualizacións
-
03/11/2017:
Nova web para a rede de estacións meteorolóxicas
MeteoGalicia renova a súa web da rede meteorolóxica de estacións. Os apartados de estado actual, últimos datos, resumos, gráficos e información dos sensores preséntase agora nun novo formato máis visual e moderno, gañando tamén en accesibilidade e claridade.
Nova web de estacións
-
11/09/2017:
Novo servizo Panel de cámaras de MeteoGalicia
Novo servizo que permitirá aos usuarios que o desexen seleccionar o contido dunha ou varias cámaras e, a través dun único enderezo web, acceder á información que se mostrará ciclicamente e durante un breve período de tempo. As imaxes son proporcionadas polas 19 cámaras que o servizo de observación e predición meteorolóxica da Xunta ten distribuídas pola xeografía galega.
Ver documento
Máis información
-
03/04/2017:
Novos produtos de radar e satélite
MeteoGalicia informará, no apartado de satélite, dos diferentes tipos de nubes e a presenza de brétemas our néboas. No apartado de radar, unha animación amosará os puntos de Galicia nos que se rexistrarán precipitacións nos seguintes sesenta minutos. .
Máis información
-
03/04/2017:
Ampliación da rede de estacións
MeteoGalicia amplía a súa rede de estacións meteorolóxicas cunha nova no concello de Lalín. Ademais, renóvase a estación de calidade do aire no CIFP de A Granxa, en Ponteareas.
Máis información
-
28/12/2016:
Novo apartado web con datos de valores extremos e outras novidades
Ademais deste novo apartado, amplíase o contido do índice do apartado de observación e melloras no apartado de cámaras web.
Páxina de valores observados
Páxina de cámaras web
Índice do apartado de observación
-
16/11/2016:
Nova versión da APP de MeteoGalicia para iOS
Xa está dispoñible a nova versión 2.0.0 da App de MeteoGalicia para iOS
-
27/10/2016:
Novidades nas animacións e vídeos de satélite
A vindeira semana substituiranse e ampliaranse os vídeos en formato .gif e .mov de satélite por animacións en formato .mp4
Ver documento
-
30/09/2016:
Novo apartado de cámaras web
MeteoGalicia desprega unha nova rede de cámaras que poderán ser consultadas desde a páxina web
Máis información
-
25/05/2016:
Nova implementación do modelo SWAN na páxina de modelos
Desde hoxe, na páxina de modelos, está dispoñible unha nova implementación do modelo SWAN (Simulating Waves Near Shore) para toda a costa de Galicia. Este novo desenvolvemento substituirá no futuro ás dúas mallas de Rías Baixas e Artabro actuais. Como novidade máis destacada, esta nova implementación do modelo execútase sobre unha malla non estruturada que posibilita acadar resolucións de ata 75 metros preto da costa. Nos próximos días convivirán as tres mallas para, no futuro, seren substituídas por unha única malla, a de Galicia.
Páxina de modelos
-
03/02/2016:
Solucionados os problemas de visualización en mapas
Xa é posible consultar sen incidencias os apartados da web de MeteoGalicia que inclúen mapas de Google.
-
03/02/2016:
Novo servizo "widget" de MeteoGalicia
Permite obter un produto personalizado para inserir noutros portais web coa nosa información de predición e/ou observación.
Consultar o widget
-
26/11/2015:
Problemas na visualización de mapas na web
Desde fai uns días a web de MeteoGalicia ten problemas ca visualización dos mapas de Google nas páxinas de "Raios" "Predición de portos e confrarías" e "Camiños". Esperamos resolver este problema nos próximos días pero entre tanto, pode ver o mapa pulsando no símbolo "+" que aparece no cadro donde debería de ver o mapa. A continuación, aparecerán 4 opcións, seleccione a opción "Google Híbrida" e xa debería ver o mapa.
Ver documento
-
16/09/2015:
Novos atlas de vento e ondas
No marco do proxecto europeo EnergyMare.
Atlas de ondas
Atlas de vento
-
03/06/2015:
Nova web coa predición para portos e confrarías
Entre as principais novidades destacan: Posibilidade de consultar a información en liña, ampliación da información e servizo de subscrición para recibir a predición dun ou varios portos diariamente vía correo electrónico.
Máis información
-
25/05/2015:
Nova web coa predición por concellos
Entre as principais novidades destacan: un comentario xerado automaticamente, unha gráfica coa evolución das temperaturas e información sobre a calidade do aire
Máis información
-
04/12/2014:
Novos produtos de radar
Os novos produtos son: clasificación de meteoros, horas de neve e sarabia.
Máis información
-
09/06/2014:
MeteoSIX - Nova versión da API
Publicación da versión 3 da aplicación API do MeteoSIX. Esta versión non é compatible con versións anteriores. A versión 2 da API manterase activa até o 30 de Setembro do 2014.
Máis información
-
06/02/2014:
Nova web "MeteoVisor"
Nace para substituír ao Xeollador e permite visualizar os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas.
Máis información
Consultar o MeteoVisor
-
20/01/2014:
Nova páxina de adversos
Nova páxina para visualizar os adversos que a partir de agora pasan a denominarse "Avisos".
-
04/11/2013:
Modificacións na web de adversos
O fenómeno "Mar de fondo" pasa a chamarse "Ondas" e "Mar de vento" a "Vento no mar". Así mesmo, modifícanse os umbrais do "Mar de fondo".
Máis información
-
04/11/2013:
A aplicación móbil MeteoRoute dispoñible para Android
MeteoRoute está desde hoxe dispoñible, ademáis de para iOS (iPhone), para o sistema operativo Android.
Máis información
-
14/10/2013:
Nova predición marítima
Nueva predicción marítima.
Consulta a nova predición marítima
-
08/08/2013:
Nova predición de praias
MeteoGalicia publica unha nova predición para praias, con máis de 600 praias, días de predición, franxas horarias e variables dispoñibles
Consulta a nova predición de praias
-
08/08/2013:
Nova aplicación móbil MeteoRoute
MeteoGalicia, no marco do proxecto RAIA.co e conxuntamente co Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, publica a aplicación móbil MeteoRoute, que permite obter información meteorolóxica e oceanográfica personalizada para rutas e traxectorias, tanto por terra como por mar.
Máis información
-
10/04/2013:
Modelos numéricos: Nova predición por conxuntos
A predición por conxuntos foi migrada a unha nova máquina no CESGA o que fará que esté dispoñible unha hora e media antes (sobre as 8:30 a.m.). Así mesmo, engádense unhas novas gráficas por localidades (meteogramas).
Máis información
-
22/01/2013:
Principais dúbidas sobre a nova web
Dúbidas que nos fixeron chegar algúns usuarios sobre a nova predición na web.
Máis información
-
18/01/2013:
Nova predición terrestre
MeteoGalicia publica unha nova predición terrestre para Galicia, amosando mapas para a mañá, tarde e noite, e incorporando os comentarios nos dous idiomas
Consulta a nova predición terrestre
-
18/01/2013:
Nova predición por concellos
MeteoGalicia amplía a súa predición por localidades aos 315 concellos de Galicia, incorporando variables como a probabilidade de choiva
Consulta a nova predición por concellos
-
07/11/2012:
Problema na visualización de mapas
Algúns usuarios teñen problemas na visualización dos mapas de predición xeral de Galicia.
Máis información
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466