Glosario de meteoroloxía
Tópicos sobre a radiación ultravioleta
Verdadeiro ou falso Resposta Aclaración
Deberíase evitar tóma-lo sol entre as 12 e as 17 horas imaxe si Debido a que estas son as horas ás que o sol está máis elevado e por tanto, a radiación UV é máis alta.
O sol en inverno e primavera non é perigoso. imaxe no A intensidade da UV tamén depende da latitude, altitude e a reflexión do terreo.
A reflexión da radiación UV pola area e a auga é importante. imaxe si A radiación directa é tan importante coma a reflectida polo terreo.
É necesario poñerse ó sol, xa que a radiación UV xera vitamina D. imaxe no Só é necesario moi pouco tempo de exposición ó sol, para xera-la vitamina D necesaria.
Canto máis elevado esteas sobre o nivel do mar, máis se queimará a túa pel. imaxe si A maior altitude sobre o nivel do mar, máis pequena é a atenuación da radiación UV pola atmosfera.
Non te podes queimar mentres esteas na auga. imaxe no Aínda que a auga atenúa a radiación UV tamén a reflexa, e non se nota o quecemento da pel.
Canto máis pequena é a túa sombra, máis perigosa é a exposición ó sol. imaxe si A túa sombra é máis pequena no mediodía solar, xusto cando a radiación UV é máis intensa.
Non te podes queimar nun día anubrado. imaxe no Aínda que as nubes atenúan o paso da radiación UV, esta pode ser suficientemente intensa coma para chegar a queimarte.
Estar exposto moito tempo ao sol é perigoso independentemente da túa idade. imaxe si A pel humana é sensible á radiación UV a través de todo o seu ciclo de vida.
Se a exposición ó sol é a intervalos é máis difícil que chegue a queimarme. imaxe no A absorción de radiación UV é acumulativa durante todo o día.
A radiación solar non afecta só á pel, senón tamén ós ollos. imaxe si O queimado da pel é o efecto máis coñecido da radiación UV, pero as cataratas son outro dos seus efectos.
A xente de pel branca e pelo rubio son particularmente sensibles á radiación UV. imaxe si A xente de pel branca e pelo rubio son o grupo máis sensible á radiación UV.
Os efectos negativos das queimaduras cutáneas son acumulativos. imaxe si A capacidade do corpo humano para protexer e repara-los danos provocados pola radiación UV decrece durante o tempo de vida.



Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.5.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia