Glosario de meteoroloxía
Bronceado artificial. Lámpadas solares.

Moitos salóns de bronceado empregaban antigamente aparatos que emitían UV B que causaban facilmente queimaduras. Por iso, os salóns actuais soen empregar dispositivos que emiten principalmente (pero non só) UV A e que son ofrecidos coma "seguros" dado o menor risco de queimadura, xa que antigamente se consideraban os UV A coma pouco nocivos en comparación ós UV B. Sen embargo, os estudios actuais mostran que a radiación UV A causa importantes danos cutáneos, como temos visto, e que pode estar ligada á forma máis seria de cancro cutáneo, o melanoma.


imaxe raios uva

Por outra parte, a radiación UV A emitida por un aparato de solario por unidade de tempo é moito máis intensa que a luz solar natural. Así, 20 minutos nun solario equivale a aproximadamente 4 horas de sol.

Conscientes do risco, recentemente as Administracións Públicas estableceron un conxunto de normas de obrigado cumprimento. Como resultado, estes dispositivos sempre deben utilizarse en establecementos profesionais que coñezan e cumpran as normas establecidas pola lexislación vixente. Esixa o cumprimento de ditas normas, pola súa saúde.



Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia