Glosario de meteoroloxía
Medidas de protección recomendadas.

O correcto emprego de productos fotoprotectores é importante en nenos maiores de 6 meses e en adultos, pero tomar outras medidas para evita-la excesiva exposición á luz solar tamén é moi importante. De feito, non hai evidencias firmes de que os filtros solares se protexan do melanoma e só hai evidencias limitadas de que o fagan doutras formas de cancro cutáneo.

A seguinte táboa amosa as medidas recomendadas en adultos segundo o tipo de pel e o índice UV existente.


Medidas de protección recomendadas en adultos

Índice UV Medidas
1 Baixo FPS 9, gafas de sol
2
3
4 Moderado FPS 15 ou maior, sombreiro, gafas de sol
5
6
7 Alto FPS 30 ou maior, sombreiro, roupa protectora e gafas de sol
8
9
10 Extremo FPS 40 ou maior, sombreiro, roupa, gafas de sol e evitar exporse ó sol de 12 am a 4 pm
11
12

Medidas de protección recomendadas en nenos

Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Os nenos menores de 6 meses no se deben expoñer directamente ó sol. A protección debe ser roupa e sombra, sen lles aplicar ningún producto fotoprotector, pois a pel a esa idade non é o suficientemente madura para afronta-las sustancias que se pudieran absorber. Se a exposición é inevitable pódese empregar unha sustancia fotoprotectora en pequenas áreas corporais que non poidan ser cubertas por roupa, coma a cara e o dorso das mans.

imaxe neno

Os nenos maiores deben empregar productos fotoprotectores se se expoñen directamente ó sol, cun FPS de como mínimo 15, e acompañado das seguintes medidas:

Índice UV Medidas
1 Baixo FPS 15, gafas de sol
2
3
4 Moderado FPS 30 ou maior, sombreiro, roupa protectora, gafas de sol
5
6
7 Alto FPS 50 ou maior, sombreiro, roupa protectora, gafas de sol e evitar exporse ó sol de 12 am a 4 pm
8
9
10 Extremo FPS 60 ou maior, tódalas medidas anteriores e manterse baixo cuberto nas horas centrais do día
11
12

Medidas de protección recomendadas noutras situacións

  • Viaxes: En praias de países tropicais débese empregar productos con FPS de a lo menos 30.
  • Esquiadores: A intensidade da radiación UV é maior coa altura, a só 2000 metros pode ser xa ata un 20% maior que ó nivel do mar. Ademáis, a neve reflexa preto do 90% da radiación UV que chega desde o ceo incrementando aínda máis o nivel de radiación. Por elo, recoméndanse as seguintes medidas:
    • Aplique productos con FPS de a lo menos 30 en tódalas óreas de pel exposta coma a cara, orellas, colo e mans. Leve o producto con vostede para poder reaplicalo regularmente.
    • Empregue unhas gafas de sol "pechadas" (que bloqueen non só a luz frontal senon tamén a lateral).

Resumo das medidas básicas de fotoprotección

  • Non expoña directamente ó sol a nenos menores de 6 meses nin aplique productos fotoprotectores sobre a súa pel.
  • Empregue un producto fotoprotector con FPS (nivel teórico de bloqueo da UV B) de a lo menos 15 e de amplo espectro (que tamén bloquee a UV A). Aplíqueo en tódalas áreas que se van expoñer ó sol, incluíndo beizos, aínda en días nubosos, e reaplíqueo sempre cada 2 horas se non se baña, ou máis frecuentemente se suda moito, despois de bañarse se o producto non é resistente á auga e tamén se permaneceu na auga máis de 20 minutos.
  • Empregue gafas de sol que bloqueen o 99-100% da radiación UV B e da A, un sombreiro ou gorra de á ancha que dea sombra á súa cara e colo, roupa protectora, e permanezan á sombra sempre que poidan.
  • Evite a exposición directa ó sol entre 12 a.m. e 4 p.m., horas de máxima irradiación.
  • Non empreguen lampadas solares e demáis aparatos bronceadores.
  • Recorde que estas medidas son para evita-la sobreexposición cando por deporte, esparcimento ou traballo se expoña ó sol. Non son medidas para obter un "bronceado seguro" pois o broceado é xa, por definición, un sinal de dano solar. Non existe "bronceado seguro".


Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.5.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia