Glosario de meteoroloxía
Predición do índice ultravioleta

Mediante o uso dun modelo de transferencia de radiacióón calcúlase a cantidade de radiación UV B que chega á superficie cunha longura de onda entre 280 e 315 nm. Para iso, tense en conta o día do ano, a hora á que se alcanza o mediodía solar e a latitude do punto, así como os niveis de ozono medidos. Posteriormente, esta cantidade promédiase de acordo ca resposta da pel a cada longura de onda; para iso, emprégase o chamado espectro McKinlay-Diffey Erythema, espectro que determina a influencia do índice UV nos seres humanos segundo cada longura de onda.

Unha vez temos o valor da irradiancia UV (UVIp) nun lugar dado, este verase afectado pola cuberta nubosa do punto (CN), así como pola altitude sobre o nivel do mar (ALT) á que se atopa o citado punto. Esta irradiancia en superficie aumenta un 8% por cada quilómetro sobre o mar. Por outra parte, a nubosidade reduce esta irradiancia, segundo a táboa 1 .

Estado do ceo imaxe sol nubes altas imaxe nubes e craros imaxe cuberto imaxe chuvia imaxe neboas
Factor de modificación 1.0 0.9 0.6 0.3 0.2 0.4

Así, a radiación UV (UVI) que finalmente chega á superficie virá determinada por:
UVI = UVIp * CN * (1 + 0.08 * ALT)
No noso caso, a predición operativa diaria do índice UVI realízase a partires dos niveis de ozono e da cuberta nubosa preditos polo modelo AVN.



Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.5.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia