Glosario de meteoroloxía
Índice ultravioleta, tipo de pel e tempo para queimadura.

O Índice Ultravioleta (UV) é un método para predeci-la intensidade coa que a radiación UV solar acada a superficie terrestre, orientándonos así sobre as precaucións que deberíamos tomar para evitar unha sobreexposición.

A pel do ser humano divídese en seis tipos segundo a intensidade da súa pigmentación (Táboa 1). Dependendo do valor do Índice UV e do noso tipo de pel, a luz solar tardará máis ou menos tempo en dana-la pel de forma aguda provocando o seu arrubiamento (queimadura). A táboa 2 mostra o tempo aproximado no que se queimaría a nosa pel sen aplicar fotoprotectores, o que dependerá do Índice UV existente e do tipo de pel. Tamén mostra o mínimo Factor de Protección Solar (FPS, mide a protección contra a UV B, principal causa das queimaduras) que deberían tene-los productos aplicados para evitar que nos queimemos.

Os datos expostos indican como bloquea-la suficiente cantidade de radiación UV B para non queimarse. Sen embargo, é IMPORTANTE coñecer e recorda-lo seguinte:

  • A queimadura é un dano agudo provocado pola radiación UV, pero evitar queimarse non significa evitar tódolos efectos perxudiciais que pode causar esta radiación. Un fotoprotector cun FPS inferior a 15 pode chegar a bloquea-la suficiente luz UV B como para evita-lo arrubiamento da pel pero aínda así non impide cunha excesiva cantidade desta radiación siga alcadando e danando a pel, aínda sen causar queimadura visible.
  • Aínda que a queimadura se debe principalmente ós raios UV B, os raios UV A tamén poden causar un dano cutáneo importante e acumulativo sendo así insuficiente a protección só contra a UVB.
  • É recomendable, por tanto, que tódalas persoas, independentemente da súa raza e tipo de pel, empreguen un producto fotoprotector cun FPS de como mínimo 15 (bloquea o 93% da radiación UV B) e que ademáis sexa de amplo espectro (que bloquee ademáis a radiación UV A).

Tipos de pel Tipos de pel Tipos de pel
I Pel branca alabastro con moitas pecas, rubios Sempre se queima fácilmente, a queimadura pode ser intensa. Nunca se broncea
II Pel branca, ollos azuis Sempre se queima fácilmente, a quemadura pode ser intensa. Pode chegar a broncearse pero mínimamente
III Pel branca con mínima tonalidade marrón. Caucasianos Pode queimarse, a queimadura será moderada. Pode chegar a broncearse gradualmente
IV Pel de ton marrón máis ou menos intenso. Mediterráneos. Pode queimarse pero a quemadura será mínima. Sempre se broncea
V Pel de ton marrón intenso. Asiáticos, Negros de tonalidade pouco intensa, Oriente Medio, Sudamérica Raramente se queima. Broncéase con intensidade
VI Negros de tonalidade intensa Nunca se queima. Broncéase profundamente

Táboa 1. - Tipos de pel.


Índice UV Pel I Pel II Pel III Pel IV
1
2
Baixo DEM: 40 min.
FSP: 15
DEM: 50 min.
FSP: 12
DEM: 80 min.
FSP: 9
DEM: 100 min.
FSP: 6
3
4
5
Moderado DEM: 20 min.
FSP: 30
DEM: 30 min.
FSP: 25
DEM: 40 min.
FSP: 15
DEM: 50 min.
FSP: 12
6
7
Alto DEM: 15 min.
FSP: 50
DEM: 20 min.
FSP: 40
DEM: 25 min.
FSP: 30
DEM: 35 min.
FSP: 20
8
9
10
Moi alto DEM: 15 min.
FSP: 50
DEM: 20 min.
FSP: 40
DEM: 25 min.
FSP: 30
DEM: 35 min.
FSP: 20
 ≥ 11
Extremo DEM: 10 min.
FSP: 60
DEM: 15 min.
FSP: 50
DEM: 20 min.
FSP: 40
DEM: 25 min.
FSP: 30

Táboa 2. - Queimadura solar. Tempo requerido para queimarse sen protección (DEM).


DEM: Dose Eritematóxena Mínima. É o tempo mínimo que tarda a pel en se queimar sen fotoprotección, depende do nivel de radiación e do tipo de pel.

FPS: Factor de Protección Solar. Indica numericamente as veces que, en teoría, se prolongará o tempo de DEM ó aplicar un fotoprotector. Un FPS 2 indica que a DEM se duplicou, FPS 10 que é lO veces superior, etc. Así, se vostede se queima en 20 minutos (DEM de 20), un producto con FPS 10 teoricamente aumentaría o tempo sen queimarse ata 200 minutos.

Na sección Medios de Fotoprotección amplíase a información sobre estes productos.



Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.5.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia