Glosario de meteoroloxía
A radiación ultravioleta.

A luz solar está formada por radiación electromagnética con diferentes longuras de onda, denominándose radiación ultravioleta (RUV) á comprendida entre 200 e 400 nm (RUV C, 200-290 nm; RUV B, 290-320 nm; RUV A, 320-400 nm).

imaxe radiacion

A maioría da RUV é bloqueada pola atmósfera, acadando a superficie terrestre cunha intensidade que depende de diversos factores:

  • A atmósfera: Bloquea a RUV C e a meirande parte da B pero non á A, sendo ésta a maioría da radiación UV que chega á superficie terrestre. A depleción da capa de ozono pode ocasionar un incremento do nivel de UV B que nos alcanza. As nubes espesas poden reduci-lo nivel de UV B nun 90% ou máis pero as nubes finas ou dispersas ofrecen pouca protección.
  • Hora do día: A meirande parte do total diario de enerxía solar alcada a superficie terrestre entre as ultimas horas da mañá e as primeiras da tarde (12 a.m. e 4 p.m.).
  • Estación do ano: O nivel de UV pode ser 10 veces maior no verán ca no inverno.
  • Altitude: O nivel de UV B aumenta coa altitude, sobre un 4% por cada 300 metros por enriba do nivel do mar. A 2000 metros o nivel de exposición pode ser un 20% maior có da costa.
  • Latitude: Meirande exposición canto máis baixa sexa a latitude (máis preto do ecuador).
  • Reflexión: Cando no ambiente que nos rodea existen materiais que reflexan a RUV, o nivel de exposición increméntase:

imaxe herba      imaxe deserto     imaxe neve
Nun 2,5-3% se é herba.       Nun 20-30% se é area.     Ou nun 80-90% se é neve ou xeo.

Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.



Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.5.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia