Glosario de meteoroloxía
Introducción. O sol e o ser humano.

A exposición á luz solar é necesaria e beneficiosa para todo ser humano e tamén pode empregarse para tratar algunhas enfermidades cutáneas. Sen embargo, a información científica dispoñible mostra que a exposición excesiva causa numerosos efectos nocivos para a saúde. Entender estes efectos perxudiciais e toma-las precaucións adecuadas permitiranos desfrutar do sol evitando os efectos nocivos da excesiva exposición á súas radiacións. A radiación ultravioleta pode causar danos cutáneos visibles (queimadura) e invisibles (aceleración do envellecemento cutáneo, etc.) así coma danos oculares. A protección solar débese manter toda a vida, comezando na infancia e sendo especialmente estricta nos primeiros 18 anos de vida, época na que recibimos do 50%-80% de toda a exposición solar da nosa vida, sendo fundamental a fotoprotección neste periodo para diminuir drasticamente a probabilidade de cancro cutáneo nos anos posteriores.

Todo o mundo, independentemente da súa raza ou etnia, é susceptible ós efectos nocivos da excesiva exposición ó sol. As persoas con pel escura teñen unha meirande protección natural contra a queimadura solar cás de pel crara pero son igualmente sensibles ós efectos nocivos da sobreexposición solar, incluíndo o cancro de pel.


imaxe sol



Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.6.1
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia