Glosario de meteoroloxía
Satélite: Imaxes

Durante os derradeiros 25 anos, os satélites xeoestacionarios e en particular o Meteosat aportaron información crucial para realiza-las prediccións meteorolóxicas e para fins investigadores en unha gran variedade de campos como a meteoroloxía, climatoloxía, agricultura e vixilancia medio ambiental.

A velocidade angular de rotación do Meteosat é igual a á da Terra. Está situado sobre o Ecuador, e permanece nese mesmo punto respecto á superficie terrestre. Está situado a 35.800 km de altitude, fóra da atmosfera, na intersección do meridiano 0º e o Ecuador, sobre a vertical dun punto do golfo de Guinea.

O sistema completo do Meteosat componse do satélite propiamente dicho, dunha estación de seguimento, telemetría e adquisición de datos, situada cerca de Darmstadt, en Alemaña e dun sistema de ordenador de Terra no Centro Europeo de Operacións Espaciais da mesma cidade.

A finais de agosto de 2002 foi lanzado o novo Meteosat, chamado inicialmente MSG-1 e finalmente Meteosat 8, que é un satélite de segunda xeración. A diseminación ós usuarios finais comezou en probas o 30 de abril de 2003 e totalmente operacional o 29 de enero do 2004. Aumentan o número de bandas espectrais, a frecuencia de envío de imaxes (de 30 a 15 minutos) e a resolución das mesmas. No ano 2006 entra en funcionamento o Meteosat 9. Para máis información sobre este satélite pódese consultar a seguinte dirección: www.eumetsat.de.

As imaxes son matrices de números nas que cada termo representa o valor de brillo dun pixel identificado por unha fila e unha columna relativas a súa posición dentro da matriz. De forma xeral pódese asimilar a fotografías cando se representan en vídeo ou papel, pero non o son. Á matriz de números debe acompañar información auxiliar básica que permita situar xeograficamente os termos da matriz e que dunha interpretación correcta ós valores numéricos de os mesmos: son os datos de navegación e calibración.

Co Meteosat pódese dispoñer de tres tipos de imaxes fundamentais captadas por un radiómetro multiespectral:

  • Imaxe Visible (VIS): captada na banda do espectro 0.4 - 1.1 micras, é como unha fotografía dende o espacio. A resolución é de 2.5 km na zona ecuatorial para os satélites da primeira xeneración. No MSG-1, a resolución é de 1 km.
  • Imaxe Infravermella (IV): o radiómetro do MSG-1 capta a radiación en distintas bandas do infravermello térmico que van dende os 3.9 micras ata os 13.4 micras, da conta da diferencia de temperatura entre as distintas superficies. Os tonos escuros corresponden a temperaturas altas, os tonos claros a temperaturas baixas, como as nubes altas, por exemplo. A importancia destas imaxes radica en que se reciben tanto de día como de noite. Detectan moi ben as formacións nubosas e as diferencias térmicas do solo. A resolución neste caso é inferior á visible (3 km).
  • Imaxe de Vapor de Auga (VA): as imaxes do visible e do infravermello que se estudiaron nos apartados anteriores proveñen das bandas do espectro nas que a atmosfera es relativamente transparente. Inversamente pódese sacar partido dunha das numerosas rexións de absorción que resulten das características absorbentes dos gases que constitúen a atmosfera. Neste sentido, os intervalos do espectro nos que a radiación terrestre é absorbida polo vapor de auga atmosférico presentan un gran interese para os meteorólogos. Para a detección do vapor de auga, o MSG-1 posee una banda de detección infravermella centrada nas 6.2 micras.

O valor total da radiación emitida na correspondente banda espectral está composto de distintas fontes: a superficie terrestre, as nubes e o resto da atmosfera. Sen embargo, na banda considerada, a capacidade de absorción do vapor de auga é tan forte que os aportes que proveñen da superficie e das capas baixas da troposfera son en xeral absorbidos completamente. Non sempre é este o caso, sobre todo con tempo moi claro cando a atmosfera está moi seca e a superficie terrestre está fría ou en zonas de elevada altitude, pero en conxunto, a enerxía radiante medida provén principalmente da troposfera media e superior. O gris escuro e o negro corresponden a temperaturas elevadas, implica ambiente seco en tódolos niveis ou humidade soamente en niveles baixos. O color gris medio ou claro levará consigo ambiente relativamente húmido na troposfera media e superior. O branco puro corresponde a humidade a tódolos niveles ou nubes densas a altitudes media e alta. As zonas de elevada humidade tradúcense nunha temperatura de radiación máis débil.

Finalmente, subliñar que sólense aplicar falsos cores ás imaxes co fin de resaltar as distintas estructuras das nubes ou as distintas temperaturas da auga do mar.

Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia