Glosario de meteoroloxía
Satélite: Xeralidades e instrumentos
Xeralidades

O primeiro satélite meteorolóxico foi lanzado ó espacio o 1 de abril de 1960. Hoxe en día son elementos imprescindibles na descrición do estado actual da atmosfera e instrumentos moi valiosos á hora de elabora-la predición.

En xeral, pódese dicir que os satélites meteorolóxicos subminístranos información sobre a cobertura nubosa de distintas zonas do planeta así como das diferencias térmicas entre as superficies continentais, acuáticas e nubosas.

Existen dous tipos de órbitas dos satélites fundamentais, complementarias en teledetección:

  • Órbitas baixas, de tipo heliosíncrono: Ata mediados dos anos 60 tódolos satélites ocupaban órbitas baixas, de altura sobre o solo duns centos de kilómetros e nunca superando os 2.000 km, de excentricidade variable. Máis recentemente séguense mantendo este tipo de órbitas por dúas razóns:a súa visión é excelente polo cerca que están da superficie terrestre; e, en segundo lugar, porque observan calquera punto da Terra, incluídos os polos.
  • Órbitas de tipo xeoestacionario: Aproximadamente, para semieixe maior igual a 6.6 radios terrestres, a terceira lei de Kepler di que o período é de 23h 56min e, si a excentricidade é baixa e está situado na vertical do Ecuador, a súa órbita acompaña coa rotación terrestre e parece inmóbil a un observador no solo. A súa importancia radica nos seguintes puntos: ten sempre o mesmo campo de visión e pode exploralo con continuidade; e porque o seu campo de visión é moi extenso pola gran altura, un disco de aproximadamente a quinta parte da Terra.

imaxe satelite


Instrumentos

En función das características de deseño, distínguense dous tipos de instrumentos para:

  • Imaxes: están destinadas ó recoñecemento de estructuras (nubosas ou non), de forma visual ou con axuda de ferramentas automáticas.
  • Sondaxes: están destinadas a productos xeofísicos derivados. Denomínanse así porque os productos de instrumentos de sondaxe (perfís atmosféricos) son en meteoroloxía os de maior interese; pero os productos poden ser de todo tipo.
Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia