Glosario de meteoroloxía
Dorsal

Unha dorsal, cuña, loma ou cresta é unha configuración isobárica constituída por isobaras non pechadas, é dicir, abertas, con forma de U invertida máis ou menos inclinada, nas que a presión máis alta se corresponde coa isobara inferior.

Constitúense coma a elongación central dun centro de altas presións e, en xeral, asócianse con estados do tempo despexados e de baixa humidade ambiental.

Estas rexións atmosféricas nas que a presión é maior ca do entorno no seu mesmo nivel, sempre presentan circulación anticiclónica e, por tanto, no senso horario no hemisferio norte, e antihorario no sur.

Nos mapas de isobaras as dorsais (coma a ilustrada na figura mediante unha grosa liña negra) denótanse por un a:


imaxe dorsal
Curiosidades
  • Nos mapas do tempo en superficie, as borrascas identifícanse cun B de baixa ou un D de depresión (un L en inglés e un T en alemán); os anticiclóns recoñécense pola A de alta (ou H en inglés e alemán).
  • Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
  • O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia