O conxunto de MeteoGalicia

Actualmente MeteoGalicia dispón dun sistema de predición por conxuntos que se executa diariamente para suministrar información ós nosos predictores sobre a incerteza do estado da atmosfera nos vindeiros 10 días. O conxunto emprega o modelo MM5 e ten como condicións iniciais e de contorno o conxunto global do modelo GFS (NCEP). Como resultado temos un conxunto local de 21 membros (o mesmo número que o GFS) agrupados en 3 subconxuntos, cada un con diferentes parametrizacións. Ditas configuracións do modelo foron elixidas como resultado dunha extensa verificación nas que se elixiron as máis adecuadas para as condicións meteorolóxicas máis típicas de Galicia.

Actualmente os esforzos céntranse en aumentar a resolución desta ferramenta, de modo que se poida empregar a predicción probabilística a zonas máis especificas da nosa Comunidade.




Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia