Glosario de meteoroloxía
Halos

Son fenómenos celestes que moi poucas veces se reproducen na súa completa plenitude; consisten nun anel luminoso formado arredor do Sol ou da Lúa, producíndose pola reflexión e refracción da luz nos cristais de xeo das nubes altas.

Pálido ou lixeiramente coreado de amarelo, na maioría dos casos este círculo aparece a 22 grados de distancia arredor do Sol.

imaxe halo

Curiosidades
  • As auroras máis tenues parecen incoloras ou presentan unha cor verde pálida mentres que as máis fortes poden chegar a adquirir vistosas cores vermellas brillantes ou tonos amarelos e azulados.
  • Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
  • O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia