Glosario de meteoroloxía
Arcos da vella

Cando unha única gota esférica de auga recibe unha fronte de onda de luz, a meirande parte da luz pasa a través das seccións centrais da gota experimentando un efecto de reflexión e de posterior refracción; así, a secuencia de cor resultante, consecuencia da refracción, divide a luz nas súas cores elementais: vermello, alaranxado, amarelo, verde, azul, añil e violeta; a luz violeta, por exemplo, ó refractarse desvíase máis ca luz vermella polo que un observador verá unha liña interna de luz violeta e unha externa de luz vermella, con cores espectrais intermedias entre ámbalas dúas liñas; a cuantía do cambio de dirección orixinado pola refracción depende da longura de onda da luz polo que a luz branca, ó estar constituída pola combinación de varias longuras de onda, vese dispersada no proceso de refracción.

O arco da vella será o resultado de millóns de gotiñas de auga actuando coma prismas da maneira xa indicada.

imaxe arco da vella
imaxe arco da vella
Curiosidades
  • Na antigüedade, o halo era un signo celeste moi temido xa que presaxiaba pestes, lume ou guerras; en realidade, o único que anuncia o halo é a presencia segura de nubosidade prodecente do oeste.
  • Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
  • O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia