Glosario de meteoroloxía
Auroras

As auroras boreales e astrales son electrometeoros que reflicten fenómenos de electricidade atmosférica.

A interacción entre o campo magnético terrestre e o vento solar produce importantes manifestacións luminosas; son as chamadas auroras. A contemplación dunha aurora boreal ou o seu equivalente no sur, unha aurora austral, é un espectáculo inolvidable. As auroras vense con meirande frecuencia en dúas zonas, coñecidas por óvalos aurorais, situadas arredor dos polos magnéticos da Terra; alí é onde o campo magnético terrestre permite que as partículas cargadas que se crean no vento solar entren na atmósfera superior e exciten ás moléculas de gas; esta excitación leva ás moléculas a estados excitados dos que baixan emitindo enerxía radiante que produce a imaxe esperada.

As auroras máis tenues parecen incoloras ou presentan unha cor verde pálida mentres que as máis fortes poden chegar a adquirir vistosas cores vermellas brillantes ou tonos amarelos e azulados.

imaxe aurora

Curiosidades
  • Na antigüedade, o halo era un signo celeste moi temido xa que presaxiaba pestes, lume ou guerras; en realidade, o único que anuncia o halo é a presencia segura de nubosidade prodecente do oeste.
  • Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
  • O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia