Glosario de meteoroloxía
Estacións meteorolóxicas: Xeralidades

Unha estación meteorolóxica é o lugar no que se realizan observacións do comportamento da atmósfera e do medio ambiente. A recopilación de datos emitidos polo instrumental meteorolóxico e a súa posterior análise e estudo permitirán a caracterización espacial e temporal dos fenómenos atmosféricos, así coma a realización dun diagnóstico da situación atmosférica nun momento dado.

Nas estacións meteorolóxicas automáticas as distintas observacións meteorolóxicas son rexistradas de xeito automótico e continuo.

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) clasifica as Estacións Meteorolóxicas en:

  • Sinópticas: dedicadas ó estudio das variables meteorolóxicas co obxecto de prever o tempo a curto prazo.
  • Climatolóxicas: onde se observa o estado do tempo acumulando datos con fines estatísticos e permitindo clasifica-lo clima dun lugar.
  • Agrícolas: onde se observa tanto o estado do tempo coma fenómenos de carácter biolóxico en íntima relación coa agricultura do lugar.
  • Aeronáuticas: Teñen como obxecto facilita-la circulación aérea.
  • Especiais: Creadas con carácter temporal para o estudo específico de determinadas variables.

Ademáis, todas elas pódense subclasificar en principais, ordinarias e auxiliares en función da cantidade de variables atmosféricas que cuantifiquen.

Exemplo de estación meteorolóxica automática:

imaxe estacion


Á hora de prantexarse o establecemento dunha estación meteorolóxica hai que considerar qué é o que se pretende medir; qué variables meteorolóxicas son importantes para o estudo que se vai realizar; consecuentemente, qué tipo de estación meteorolóxica se vai construir e o número e tipo de instrumentos de medida cos que se vai dotar á estación.

Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia