Glosario de meteoroloxía
Curiosidades
Nun primeiro momento...

Foron os gregos os primeiros en establece-las bases da meteoroloxía; así, Aristóteles publicou no século IV a. de C. un tratado denominado Meteorolóxica. Tamén foi cuestión de interese na antiga Roma; así,os poetas latinos Virgilio e Plinio vincularon o estado e a cor da lúa coa meteoroloxía; Virgilio expresou: "Se estás atento ó curso regular da lúa, xamais te trabucarás sobre o tempo que fará ó día seguinte. Se ó cuarto día a lúa se ergue pura e crara, os días que seguirán ata o final da lunación serán sen chuvia e sen vento"; Plinio centrouse máis específicamente na cor do satélite: "A lúa vermella presaxia vento".

Aínda que as primeiras medicións de carácter meteorolóxico corresponden a datos da precipitación acumulada e foron realizadas polos chinos en Corea a partires do século XIII, hai que chegar ata 1652 para obte-la primeira serie sistemática con datos meteorolóxicos, realizada pola Florentine Accademia del Cimento. En España, as primeiras observacións meteorolóxicas rexistradas están datadas no 1737.


imaxe Guadalupe

Imaxe 1: A presencia de obstáculos induce importantes cambios na circulación dun fluído, coma por exemplo, a formación dos vórtices de von Karman; estes patróns son especialmente impresionantes na atmósfera; así, na imaxe móstrase a formación dos vórtices de von Karman nas nubes coma consecuencia da perturbación que representan o grupo das illas Guadalupe.


Récords meteorolóxicos

  • Máximo de precipitación acumulada en:
    • Os ventos máis fortes rexistrados foron refachos de 372 km/h no monte Washington, en New Hampshire (EEUU), o 12 de abril de 1934.
    • En Vostok, na Antártida, rexistrouse a temperatura máis fría do mundo: -89.2ºC o 21 de xullo de 1983.
    • A temperatura máis baixa rexistrada xamais no hemisferio Norte (-71º) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
    • As temperaturas máis altas rexistradas na Antártida e no círculo Polar Ártico foron 14.4ºC en outubro de 1958, e 37.8ºC en Fort Yukon (Alaska) en xullo de 1915, respectivamente.
    • O período máis longo con máximas de 38º C ou máis foi Marble Bar (Australia),162 días consecutivos.
    • A meirande temperatura da superficie do mar achouse entre Qatar e a illa de Bahrein, no golfo Pérsico.
  • O período máis longo sen chuvia observouse en Iquique (Chile); durou 14 anos.
  • Na costa oriental da península arábiga, en Abu Dhabi, as chuvias anuais só chegan a 100 mm de precipitación; o orballo aporta outros 50 mm á precipitación total.
  • O lugar máis seco do mundo, tomando en conta a precipitación media anual, atópase en Onsis Dachla, Exipto, cunha precìtación de 0.7 mm por ano.
  • O máximo anual de días de tormenta rexistráronse en Buitenzorg (Xava); foron un total de 322 días.
  • A sarabia máis grande rexistrouse el 14 de abril de 1986, en Gopalgnaj (Bangladesh); pesaba 1.02 Kg.
  • O máximo número de días de sarabia ó ano, 100 días, producíronse en Kericho, Kenia.
  • A meirande cantidade anual de neve rexistrada no mundo obtívose en Paradise, monte Rainier, Washington, EEUU; medíronse un total de 31.102 mm do 19 de febreiro de 1971 ó 8 de febreiro de 1972.
  • A presión máis baixa rexistrada observouse no Océano Pacífico, a 480 Km ó oeste da illa de Guam, no coñecido triángulo chamado "trampa do ceo", o 12 outubro de 1979; o seu valor era de 870 hPa.
  • A máxima presión atmosférica rexistrada a nivel do mar foi de 1083.8 milibares en Agata, Siberia, o 31 de decembro de 1968.
  • Os ventos máis fortes rexistrados foron refachos de 372 km/h no monte Washington, en New Hampshire (EEUU), o 12 de abril de 1934.
  • En Vostok, na Antártida, rexistrouse a temperatura máis fría do mundo: -89.2ºC o 21 de xullo de 1983.
  • A temperatura máis baixa rexistrada xamais no hemisferio Norte (-71º) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • As temperaturas máis altas rexistradas na Antártida e no círculo Polar Ártico foron 14.4ºC en outubro de 1958, e 37.8ºC en Fort Yukon (Alaska) en xullo de 1915, respectivamente.
  • O período máis longo con máximas de 38º C ou máis foi Marble Bar (Australia),162 días consecutivos.
  • A meirande temperatura da superficie do mar achouse entre Qatar e a illa de Bahrein, no golfo Pérsico.
  • O lugar máis soleado do mundo é a ciudade de Yuma, en Arizona (EEUU), cunha media de 4127 horas de sol ó ano.


imaxe Kelvin

Imaxe 2: Na imaxe obsérvanse a presencia de ondas Kelvin-Helmholtz, causadas polo rozamento do vento, é dicir, pola existencia de ventos de velocidades distintas en niveles adxacentes da atmósfera; avións próximos á rexión de formación destas ondas probablemente sentirían o efecto de turbulencias moderadas.


Os animais e a meteoroloxía

  • O reino animal parece estar especialmente dotado para coñece-lo tempo que se aproxima.
  • As formigas establecen rutas cara os seus formigueiros cada vez máis en liña recta conforme empeora o tempo.
  • As ras croan de forma insistente cando a chuvia se aproxima e, sen embargo, este sonido baixa de intensidade coa chegada do bo tempo.
  • As anduriñas comúns seguen a isoterma de 9ºC nos seus desprazamentos.
  • As gaivotas advirten da presenza de mal tempo na mar cando nos seus vos se adentran en terra firme.
  • O chirrido dun grilo permite coñece-la temperatura reinante; contando o número de chirridos emitidos polo animal nun minuto, dividindo esta cantidade entre cinco e sumándolle seis obtémo-la cifra desexada.
  • Un antigo refrán arxentino indica que: "Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan".


imaxe Hercules

Imaxe 3: Un avión xera zonas de baixas presións no aire circundante, onde se a humidade é elevada produciranse penachos de condensación; nos avións de hélice a zona de depresión xérase na punta das aletas da hélice, co resultado de que éstas forman liñas de condensación helicoidal segundo avanzan.


Curiosidades
  • A única humidade que chega ó deserto de Namibia, ó sudoeste de África, faino en forma de néboa mariña.

  • Refraneiro popular: "Mañás de néboa, tardes de sol".


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia