Glosario de meteoroloxía
A temperatura: Métodos de protección contra as xeadas

A protección contra as xeadas é especialmente importante no caso de cultivos de gran valor. Por outra banda hai que diferenciar entre temperatura do aire e temperatura da planta. Así poderanse producir xeadas con temperaturas de 4 ou 5ºC, xa que as follas poden estar a 0ºC.

É preciso engadir que as xeadas son máis perniciosas cando os descensos de temperatura son máis rápidos que cando o enfriamento é lento.

O efecto das xeadas sobre as plantas é ocasionado pola rotura de células e de texidos unha vez que se forma o xeo. Estos órganos rotos non presentan oposición á entrada de organismos patóxenos.

Entre os métodos de protección contra xeadas hai que distinguir entre métodos pasivos e activos.

imaxe xiada

Métodos pasivos

Entre os que se poden destaca-los seguintes:

  • Elección do emplazamento do cultivo: As zonas convexas do terreo son zonas dispersoras de aire frío. Pola contra, as zonas cóncavas, son lugares de acumulación de aire frío e cauces naturais para as masas de aire frío.
  • Elección de especies e variedades: Consiste en seleccionar cultivos para os que o período de máxima sensibilidade ó frío non coincida co período de risco alto de xeada.
  • Elimina-la floración precoz: É necesario retrasa-la floración tanto como sexa posible, para que nesa época xa non haxa xeadas. Para retrasa-la floración pódese realizar un tratamento con productos químicos ou ben emprega-la técnica de enfriamento das árbores con aspersión de auga por riba. A evaporación da auga produce enfriamento e polo tanto a floración atrásase. Sen embargo, se as cantidades de auga que hai que empregar son extraordinarias, o sistema non resulta rentable.
  • Técnicas de cultivo: Un solo con cuberta vexetal supón un menor quentamento diurno e unha maior radiación diurna, por iso, e especialmente en terras con frutais, téntase mante-lo solo sen herbas e o máis compacto posible.

Métodos activos

Entre os que se poden destaca-los seguintes:

  • Regos por aspersión: Mediante o rego, consíguese que ó baixa-las temperaturas, pase de auga líquida a sólido liberando a calor latente de conxelación. En España case non se fixeron experimentos deste tipo pero si en EEUU.
  • Regos por inundación: Mante-lo solo húmido implica que a capa de aire en contacto con el se enfría menos, reducíndose considerablemente o risco de xeadas.
  • Quentamento do aire e as plantas: O obxectivo deste quentamento é mante-los texidos vexetais por riba da temperatura letal.
  • Homoxeneización do aire mediante ventiladores ou helicópteros: A producción de correntes de aire homoxeneiza a temperatura do aire, diminuindo ampliamente o risco de xeadas de radiación.
  • Illamento térmico: Trátase de cubri-las plantas durante a noite con materiais de baixa emisividade na banda de lonxitudes de IR térmico , baixa conductividade térmica e interceptores de radiación de onda larga. Estes materiais non deben toca-las plantas.

Curiosidades
  • Cerca do Polo só un 5 % de calor da enerxía solar chega á superficie terrestre.

  • Nas latitudes medias, o promedio alcanza o 50 ou 60 %.

  • No Ecuador, chega á superficie en torno o 75 % da enerxía do Sol.


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia