Glosario de meteoroloxía
A temperatura: Xeadas

Prodúcense pola condensación do vapor de auga nunha superficie, preferentemente sobre as plantas, xa que estas transpiran e aportan vapor de auga ó aire sobre a súa cuberta.

A situación máis favorable para a formación de xeadas son as noites despexadas; nelas, o enfriamento nocturno é maior ademais de estaren acompañadas dun elevado grao de humidade.

Tipos de xeadas:

  • Xeadas de radiación
  • Xeadas de advección
  • Xeadas de evaporación

Xeadas de radiación

Son as que se producen en noites despexadas con alta radiación do solo á atmosfera por non haber nubes e pouca cantidade de vapor de auga. Preséntanse tamén en noites en calma. Frecuentemente están acompañadas de inversión térmica. En latitudes medias, prodúcense ó remate da primavera e principios do outono.

Os factores que determinan a intensidade deste tipo de xeadas son os seguintes:

  • A nubosidade: Os ceos despexados aumentarán o risco de xeadas.
  • O vento: A irradiación terrestre supón un gran enfriamento na capa de aire en contacto co solo (de 5 a 15 m). Por riba desa altura o aire está máis quente e fórmase como unha tapadeira que impide que o aire máis cálido se mesture co frío. Se hai un vento moderado a mezcla entre ambas capas aumenta e o risco de xeada merma.
  • O grao de humidade: Se a humidade relativa é alta, a radiación nocturna conduce a néboas, pero non a xeadas. Ademáis a néboa constitue unha protección contra a radiación excesiva.
  • A topografía do terreno: Pola noite, as montañas enfríanse antes cos vales. O aire que está en contacto con vales enfríase e baixa polar ladeiras para acumularse nas zonas baixas.
  • O tipo de solo: Os solos con pedras e soltos enfríanse rápidamente porque conducen mellor a calor. A presencia de vexetación aumenta a radiación.

Dependendo do punto de rocío as xeadas poden dividirse en:

  • Xeadas brancas: O punto de rocío é superior ós 0 ºC, de xeito que se a temperatura baixa formarase escarcha.
  • Xeadas negras: O punto de rocío é inferior ós 0 ºC, de forma que se a temperatura baixa, non se formará escarcha, o xeo non será visible pero as plantas resultarán estragadas.

Nas costas tropicais é onde se produce a meirande cantidade de xeada, por seren zonas costeiras cunha elevada temperatura e humidade; chegáronse a recoller cantidades superiores ós 4 l/m2, polo que en paises como Chile, a xiada serve coma fonte de auga potable.

imaxe olas

Xeadas de advección

Prodúcense por invasión de aire frío, con temperatura inferior ó punto de conxelación. Poden ocorrer a calquera hora do día e os métodos de loita contra este tipo de xeadas son, en xeral, ineficaces.


Xeadas de evaporación

Preséntanse ó evaporarse a auga sobre as plantas, robando ó aire o calor latente de evaporación e ocasionando o enfriamento deste. Despois do paso duna fronte fría a humidade relativa disminúe considerablemente, de xeito que a humidade que recubre os vexetais evapórase de forma rápida.


Carácter da xeada

  • Xeada feble:: Cando a temperatura se atopa entre -3º e 0º.
  • Xeada moderada: : Coa temperatura comprendida entre -8º e -3º.
  • Xeada forte:: Cando se acadan temperaturas menores ós -8º.

Curiosidades
  • Cerca do Polo só un 5 % de calor da enerxía solar chega á superficie terrestre.

  • Nas latitudes medias, o promedio alcanza o 50 ou 60 %.

  • No Ecuador, chega á superficie en torno o 75 % da enerxía do Sol.


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia