Glosario de meteoroloxía
Influencia da superficie terrestre: Volcáns

O principal efecto dunha erupción volcánica é a reducción das temperaturas. As partículas emitidas na erupción, pó e gases, poden permanecer na atmósfera dous ou máis anos reducindo as temperaturas ó evitar parcialmente a entrada dos raios solares. Investigacións recentes demostraron que as gotiñas de ácido sulfúrico producidas coma resultado da explosión teñen o efecto de bloquea-lo sol moito máis que o pó ou as propias cinzas.

Coma exemplo, no 1815, a erupción do Tambora reduxo a temperatura do mundo arredor de 0.7 º C. O volcán expulsou arredor de 40000 millóns de toneladas de material.


imaxe

Mapas baseados en imaxes de satélite que mostran o rápido alongamento da pluma do volcán Chinchón, que entrou en erupción en México o 3 de abril de 1982; a figura superior correspóndese co 5 de abril; a intermedia co 15 de abril, recollendo a chegada da pluma a Asia; e a inferior é do 25 de abril, e mostra como a pluma xa deu a volta ó mundo.

imaxe volcan  

Imaxe dun volcán marino.

Curiosidades
  • O efecto Foen ten lugar na serra do Suído, onde a presencia de barreiras topográficas induce o ascenso forzado das masas de auga procedentes das costas oceánicas, xerando a descarga de abundantes precipitacións tal e como evidencian os rexistros observatorios de Fornelo de Montes (na serra do Suído) onde a media normalizada acada a nada despreciable cifra de 1800 mm.

  • A brisa mariña pode reducir ata en 12º C as temperaturas terrestres.

  • Unha irregular corrente do océano Pacífico afecta ó tempo nun 25% da superficie da Terra; esta corrente, chamada "Niño", forma parte dun sistema máis amplo chamado Oscilación Austral; cando o Niño se manifesta, poden producirse sequías en rexións tan apartadas coma Australia ou EEUU e inundacións en Perú ou Chile.



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia