Glosario de meteoroloxía
Influencia da superficie terrestre: Mares e océanos

A superficie do océano ocupa unhas sete décimas partes da área total do globo; as distintas propiedades desta superficie, como absorbedora e emisora de calor, e as diferentes correntes ou masas oceánicas, constitúen importantes factores que gobernan o clima.

As correntes oceánicas, producidas polos ventos e seguindo a dirección dos mesmos, teñen grande influencia sobre o tempo xa que transfiren a calor dos trópicos ás rexións polares. Cada océano ten dous sistemas de correntes principais, que xiran ó norte e ó sur do ecuador.

As costas constitúen unha fronteira brusca entre superficies que presentan variacións de temperatura moi diferenciadas. O mar, debido a súa continua axitación, ten un cambio diurno de temperatura relativamente pequeno en comparación coa superficie terrestre adxacente; polo tanto, pode producirse unha grande diferencia de temperatura na costa durante certos períodos do día.

O fenómeno de brisas:

Nas costas, a diferencia de temperaturas entre a terra e o mar orixina unha circulación tèrmica coñecida co nome de "fenómeno de brisa". Este fenómeno é o mellor exemplo da interacción entre o mar e a terra sobre a atmósfera; a brisa prodúcese debido ó quentamento diferencial da terra con respecto do mar coma consecuencia das súas diferentes capacidades térmicas. A baixa capacidade térmica da terra da como resultado unhas variacións de temperatura máis amplas que no caso do océano, no que as temperaturas son prácticamente constantes.

Durante a noite, o enfriamento radiativo é máis efectivo na terra ca no océano, debido á baixa capacidade térmica da terra. Polo tanto, o aire sobre o mar estará máis quente co da terra; por estar máis quente que o aire circundante, ascenderá deixando un espacio que será ocupado pola masa de aire máis frío co situado sobre a terra. A circulación complétase cun aire descendente cara a zona de terra que ocupará o lugar que deixa libre o aire que sae cara ó mar. En superficie, pola noite, teremos un vento saínte da costa chamado brisa de terra ou terral. Conforme avanza o día e sae o sol, o quentamento será máis efectivo na zona de terra ca no mar, polo que xurdirán ascensos na zona de terra, que xerarán un vento entrante en superficie denominado brisa de mar.

Correntes mariñas quentes e frías:

  • Agulhas (Costa oriental africana): Quente
  • Alaska (Costa norteamericana): Quente
  • Benguela (Costa sudafricana): Fría
  • Brasil (Costa sudamericana): Fría
  • California (Costa norteamericana): Fría
  • Guinea (Costa occidental africana): Quente
  • Humboldt (Costa sudamericana): Fría
  • Kuroshivo (Mar de Jap�n): Quente
  • Labrador (Costa norteamericana): Fría
  • Oyashio (Costa siberiana): Fría
imaxe olas

A brisa mariña pode reducir ata en 12º C as temperaturas terrestres.

Curiosidades
  • A brisa mariña pode reducir ata en 12º C as temperaturas terrestres.

  • Unha irregular corrente do océano Pacífico afecta ó tempo nun 25% da superficie da Terra; esta corrente, chamada "Niño", forma parte dun sistema máis amplo chamado Oscilación Austral; cando o Niño se manifesta, poden producirse sequías en rexións tan apartadas coma Australia ou EEUU e inundacións en Perú ou Chile.

  • O efecto Foen ten lugar na serra do Suído, onde a presencia de barreiras topográficas induce o ascenso forzado das masas de auga procedentes das costas oceánicas, xerando a descarga de abundantes precipitacións tal e como evidencian os rexistros observatorios de Fornelo de Montes (na serra do Suído) onde a media normalizada acada a nada despreciable cifra de 1800 mm.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia