Glosario de meteoroloxía
Influencia da superficie terrestre

Entre os océanos e a terra establécense importantes contrastes de temperatura que inducen fenómenos locais de vento coma os sistemas diarios de brisas mariñas na fronteira de separación de ambos medios, é dicir, nas costas.

As montañas crean o seu propio clima e a súa influencia chega moi lonxe; as cordilleiras forman barreiras contra a libre circulación do aire na atmósfera inferior, obrigando ós ventos a saltaren por enriba delas, ascenso que enfría o aire e pode provocar tanto abundantes precipitacións a barlovento e a creación de ventos secos ou templados nas ladeiras de sotavento das cadeas montañosas no chamado efecto Foen, coma a formación de ondas na atmósfera; este fenómeno ondulatorio pode xerar, á súa vez, nubes orográficas ou interesantes efectos visuais.

Finalmente, hai que considera-lo efecto dos volcáns, que coas súas emisións de cinza reducen as temperaturas globais terráqueas.

Imaxes:

imaxe mares imaxe monta�as imaxe volc�n

Mares e océanos Montañas e vales Volcáns

Curiosidades
  • Unha irregular corrente do océano Pacífico afecta ó tempo nun 25% da superficie da Terra; esta corrente, chamada "Niño", forma parte dun sistema máis amplo chamado Oscilación Austral; cando o Niño se manifesta, poden producirse sequías en rexións tan apartadas coma Australia ou EEUU e inundacións en Perú ou Chile.

  • O efecto Foen ten lugar na serra do Suído, onde a presencia de barreiras topográficas induce o ascenso forzado das masas de auga procedentes das costas oceánicas, xerando a descarga de abundantes precipitacións tal e como evidencian os rexistros observatorios de Fornelo de Montes (na serra do Suído) onde a media normalizada acada a nada despreciable cifra de 1800 mm.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia