Glosario de meteoroloxía
Ondas de Rossby

As ondas de Rossby deben o seu comportamento ás perturbacións causadas por grandes barreiras montañosas, así coma ás diferencias térmicas latitudinais de gran escala. A atmósfera en movemento atopa barreiras no seu avance e vese forzada a superalas ascendendo e, posteriormente, descendendobaixo a influencia gravitacional; este movemento de ascenso/descenso xera alteracións na vorticidade. Estas variacións débense compensar nun planeta en rotación coma a Terra para que o sistema permaneza estable. Este principio, coñecido coma o principio de conservación da vorticidade absoluta, foi investigado por Carl-Gustav Rossby a finais dos anos 30; tomando o hemisferio norte, o aire que se ve forzado a ascender, tende a verse desviado cara a esquerda para conserva-la súa vorticidade absoluta e, no seu descenso, cara a dereita, xerando un patrón de ondas longas habitualmente coñecidas polo nome de Ondas de Rossby. Trátase de ondas caracterizadas por unha grande lonxitude de onda e unha amplitude notable, polo que existen poucas en cada hemisferio. Este tipo de ondas viaxan do leste cara o oeste.

A banda ou franxa sobre a que aparecen perfectamente recortadas as ondas de Rossby resulta relativamente estreita (uns centenares de quilómetros de anchura) se se compara coa superficie global terrestre; trátase dunha rexión de elevado gradiente térmico e asóciase coa fronte polar en superficie:

imaxe Rossby

As ondas de Rossby están a adquirir progresivamente un papel máis importante na dinámica da troposfera das rexións de latitudes medias ó seren consideradas, na actualidade, coma as que rixen a circulación en superficie en función da súa localización e amplitude. Así, o reaxuste da circulación oceánica a causa de cambios de orixe térmico e eólicos que se producen na superficie mariña prodúcense a través das ondas de Rossby.

Exemplos:

imaxe Rossby imaxe Rossby

Circulación con poucas ondas de pequena amplitude.

Circulación ondulada na que se perfilan claramente os seos e as vaguadas.

imaxe Rossby imaxe Rossby

A circulación parece estar próxima á estrangulación.

Gota fría e circulación cuasizonal reconstruída en latitudes altas.

Curiosidades
  • A rexión máis fría da atmósfera atópase entre os 85 e os 95 km por enriba da superficie, onde as temperaturas oscilan ó redor dos -90º C.
  • O vapor de auga presente na Troposfera dalle, a esta capa, as características dunha cuberta aislante que evita o escape rápido da calor procedente da superficie terrestre.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia