Glosario de meteoroloxía
O cambio climático

O clima terrestre sufríu variacións de forma natural ó longo da historia. Así pois, non é algo inmutable, aínda que estes cambios se produzan en escalas de tempo moi superiores ás dunha vida humana, salvo as provocadas por cataclismos talescoma a caída de meteoritos que orixinaron polo menos dúas grandes extincións na Terra.

A estes cambios provocados pola natureza sumouse no último século a acción do home, fundamentalmente debido ó aumento dos denominados gases de efecto invernadoiro. Estes gases teñen a propiedade de devolve-la radiación infravermella cara a Terra,aumentando así a súa temperatura. O máis coñecido deles, aínda que non o único, é o CO2, subproducto da quema de combustibles fósiles tales coma o carbón, o petróleo e o gas natural.

Non existe todavía plena seguridade de que un cambio climático provocado polo aumento na concentración destes gases comezase xa, pero no que si existe un acordo casi unánime é que este aumento terá consecuencias durante o próximo século.

Así, en 1995 o IPCC (International Panel on Climate Change), o panel de expertos constituido polas Nacións Unidas confirmou que "o balance de evidencias suxire que existe unha influencia humana discernible sobre o clima". Ese mismo ano este panel publicou que o aumento da temperatura media global da terra será de entre 1 y 3.5º para o ano 2100. Ademáis, o nivel medio dos mares aumentaría entre 15 y 95 cm para ese mesmo ano.

Un dos retos científicos plantexados na actualidade é o estudio dos efectos destes cambios a nivel rexional, para o que será necesario refina-los modelos utilizados na actualidade para o estudio do cambio climático, así como o entendemento do papel que os océanos xogarán nestes cambios.

Máis información
Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia