Glosario de meteoroloxía
A Escala Beaufort
Cifra Nome Velocidade en Efectos do vento en alta mar Observacións en terra Altura das ondas
nós m/s km/h
0 calma 10-0.21 Mar coma un espello O fume ascende verticalmente ---
1 ventolina 1-30.3-1.51-5 Rizos no mar coma as escamas dun peixe, pero sin escuma A dirección do vento recoñécese polo fume pero non polas bandeiras 0.1
2 frouxiño 4-61.6-3.36-11 Pequenas ondas con crestas de apariencia vítrea e sen se romper Móvense as follas das árbores 0.2
3 frouxo 7-103.4-5.412-19 Pequenas ondas con crestas rompintes; escuma de aspecto vítreo que xurde de forma aillada As follas das árboles axítanse constantemente 0.6
4 bonancible- moderado 11-165.5-7.920-28 Pequenas ondas crecendo Móvense as ramas pequenas das árbores 1
5 fresquiño 17-218-10.729-38 Ondas medianas alongadas Móvense as árbores pequenas 2
6 fresco 22-2710.8-13.839-49 Fórmanse ondas grandes e crestas de escuma branca Móvense as ramas grandes; os paraugas úsanse con dificultade 3
7 frescachón 28-3313.9-17.150-61 O mar crece, a escuma branca procedente das ondas é arrastrada polo vento É difícil camiñar contra o vento; tódalas árbores están en movemento 4
8 temporal 34-4017.2-20.762-74 Ondas de altura media e máis alongadas; no borde superior das mesmas xa se preciben torbellinos das salpicaduras É difícil camiñar contra o vento; rómpense as ramas delgadas das árbores 5.5
9 temporal forte 41-4720.8-24.475-88 Grandes ondas; as crestas das ondas rompen en rolos reducíndose a visibilidade coas salpicaduras Derríbanse chimeneas e levántanse as tellas 7
10 temporal duro 48-5524.5-28.489-102 Ondas moi grandes con longas crestas en penachos; a escuma aglomérase en grandes bancos facendo que a superficie sexa branca; visibilidade reducida A forza do vento arranca as árbores 9
11 temporal moi duro 56-6328.5-32.6103-117 Ondas de altura excepcional, (pódense perder de vista tras delas barcos de tonelaxe pequeno e medio); mar cuberta de escuma e visibilidade reducida Estragos abundantes en construccións, tellados e árbores 11.5
12 temporal furacanado >64>32.7>118 Aire cheo de escuma, salpicaduras, mar cuberto de escuma; visibilidade moi reducida Destruccións abundantes, estragos e chuvias >14

Curiosidades
  • Escala Beaufort: Esta escala foi orixinalmente proposta por Francis Beaufort (posteriormente Almirante Sir Francis, Hidrógrafo da Royal Navy), que vivíu entre 1774 e 1857.

  • Na mitoloxía grega, Eolo era o deus dos ventos; tíñaos encerrados nun zurrón e sacábaos cando lle parecía oportuno; os catro máis importantes correspondíanse coas catro direccións principais da rosa dos ventos: "Boreas" o vento do Norte; "Austro" o "Noto", que viña do Sur; "Céfiro" que soplaba de poñente e "Afeliote" ou vento do Leste.

  • Os primeiros en interesarse pola meteoroloxía foron os chinos; así, o filósofo Lao-tzu cita que "se sopra un vento forte durante toda a mañá haberá choiva durante máis de 24 horas"



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia