Glosario de meteoroloxía
Precipitacións: Orballo

O tamaño da gota de orballo é inferior ós 0.5 mm. En xeral, a súa orixe está ligada á existencia dunha nube das capas baixas, formada por condensación nun aire moi estable na que existe un pequeno movemento vertical que mantén suspendidas estas pequenas gotiñas.

O orballo é moito máis denso que a choiva e ten lugar xeralmente, con mala visibilidade e aire relativamente cálido; non orballa cando vai frío xa que o orballo se asocia cos sectores cálidos das borrascas.


imaxe orballo

Curiosidades
  • A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.
  • Unha gota de orballo ten un volume equivalente ó de máis de cen mil gotas de nube.
  • Nunha nube cálida do tipo cumuliforme, a choiva pode xerarse nun tempo tan curto coma duns 15 minutos a partires do momento no que a nube comeza a súa formación.


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia