Glosario de meteoroloxía
Precipitacións

As nubes comezan a precipitar cando algunha das gotiñas que conteñen alcanzan o tamaño suficiente para caer a través do aire cunha velocidade apreciable.

A precipitación pode iniciarse ben mediante o proceso de colisión-coalescencia ou polo de formación de cristais de xeo, prevalecendo a coalescencia en nubes cálidas (aquelas nas que a súa cima non alcanza temperaturas inferiores ós 0º C) e con elevado contido acuoso. As partículas de precipitación, unha vez formadas, crecen debido ó barrido de gotiñas nubosas (acreción) ou por condensación dunhas con outras. Este crecemento determina a producción de gotas de choiva, copos de neve ou granizo.

Finalmente, hai que considera-lo efecto dos volcáns, que coas súas emisións de cinza reducen as temperaturas globais terráqueas.

Imaxes:




Curiosidades
  • A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.
  • Unha gota de orballo ten un volume equivalente ó de máis de cen mil gotas de nube.
  • Nunha nube cálida do tipo cumuliforme, a choiva pode xerarse nun tempo tan curto coma duns 15 minutos a partires do momento no que a nube comeza a súa formación.


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia