Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Néboas

Prodúcense pola condensación no seo dunha masa de aire húmido.

A fase inicial de toda néboa é a formación dunha partícula de bruma (un radio menor dunha micra e sen precisar humidades relativas do 100%). Para chegaren ós tamaños das gotas maiores ás 10 micras (que xa dan lugar a néboas) si que se precisan humidades relativas maiores do 100%, e as gotiñas formaríanse polo denominado proceso de nucleación tanto homoxénea como heteroxénea.

Existen diferentes tipos de néboas segundo a súa orixe:

  • Por enfriamento
    • Néboas de irradiación: Debidas a perdas radiativas, asócianse a inversións térmicas formándose fundamentalmente durante a noite ata as primeiras horas da mañá e disipándose ó longo do día; son propias de anticiclóns e típicamente outonais e invernais.
    • Néboas de advección: Cando unha masa de aire cálido e normalmente húmida pasa sobre outra moito máis fría, esta enfríase, condénsase formando a néboa; son propias de verán sobre a mar, producíndose tanto de día coma de noite.
    • Néboas orográficas: Teñen lugar coma consecuencia do enfriamento resultado da elevación adiabática dunha masa de aire ó atopar unha cadea montañosa.
    • Néboas por mezcla: Prodúcense polo enfriamento dunha masa de aire cálido cando se mezcla este con aire frío; este proceso de mezcla non produce condensacións importantes de auga.

  • Por evaporación:
    • Sobre ríos ou lagos: Cando unha masa de aire se atopa sobre auga máis quente, a evaporación é moi forte; son típicas dos continentes.
    • De casquete polar: Obsérvanse en mares rodeados de xeo; son moi persistentes localizándose preferentemente preto do casquete glacial en verán.
    • Frontais: Xurden por evaporación de gotas de choiva ó caeren a través de aire máis frío ca elas; abranguen unha grande extensión.


imaxe n�boa
Curiosidades
  • A única humidade que chega ó deserto de Namibia, ó sudoeste de África, faino en forma de néboa mariña.

  • Refraneiro popular: "Mañás de néboa, tardes de sol".


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia