Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Nubes

As nubes consisten en diminutas gotiñas de auga de 0.002 a 0.006 mm de diámetro ou en pequenos cristais de xeo que son sostidos polos lixeiros movementos ascendentes de aire. Para que se formen as gotiñas que constitúen as nubes, é necesario que as partículas microscópicas de po sirvan de centros ou núcleos de condensación.

As nubes subdivídense segundo a súa altura de formación e subsidencia en:

  • Altas (a súa base atópase por enriba dos 7 km, xeralmente formadas na súa totalidade por cristais de xeo): Cirros, cirrostratos e cirrocúmulos.
  • Medianas (con base entre os 2 e os 7 km): Altoestratos, altocúmulos e nimboestratos.
  • Baixas (por debaixo dos 2 km): Cúmulos, cumulonimbos, estratocúmulos, estratos e estratocúmulos.

Imaxes de tipos de nubes:

imaxe nubes
Cúmulos (Cu)
imaxe nubes
Estratos (St)

imaxe nubes
Estratocúmulos (Sc)
imaxe nubes
Altoestratos (As)

imaxe nubes
Altocúmulos (Ac)
imaxe nubes
Cirros (Ci)

imaxe nubes
Cirroestratos (Cs)
imaxe nubes
Cirrocúmulos (Cc)

imaxe nubes
Nimboestratos(Ns)
imaxe nubes
Cúmulonimbos(Cb)

Curiosidades
  • A palabra nimbo engadida como sufixo ou prefixo a un tipo de nube, por exemplo nimboestrato, significa que a nube é de choiva e que posúe habitualmente cor gris escura; cirrus significa plumoso ou friboso; stratus, estratificado ou en capas; cumulus é amontoado e alto tradúcese por mediano. Ás veces engádense adxectivos ós nomes básicos de nubes para amplia-la súa descrición; algúns deles son:
  • Lenticularis: En forma de lente; aplícase principalmente ós cirrostratos, altocúmulos e estratocúmulus.
  • Humilis: Pouco evolucionado no senso vertical; só aplicable a cúmulos.
  • Castellanus: En forma de torre; para cirrocúmulos e altocúmulos.


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia