Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Tornados

Un tornado é unha columna de aire en violenta rotación usualmente asociada con tormentas en frontes frías ou líñas de inestabilidade. En condicións inestables, as violentas correntes ascendentes que se atopan nos cumulonimbos poden dar orixe a un estreito centro de baixas presións que se extenden por debaixo da base da nube;é este centro de baixas presións o que produce os ventos de intenso remolino rotando en hélice, é dicir, en círculo e de forma ascendente. No núcleo do tornado, os ventos en espiral poden alcanzar velocidades de máis de 480 km/h; no centro, os ventos son normalmente frouxos e descendentes, coma no ollo dun furacán.

É a espectacular caída de presión a que orixina que o aire afluínte se condense, enchendo a columna de vapor de auga e producindo un funil de cor pálido a gris escuro. Estructúrase coma un escuro funil que colga dun gran cumulonimbo; na súa parte inferior, o funil posue un diámetro comprendido entre os 100 e os 500 metros. A súa característica de cor escuro é consecuencia da grande densidade de humidade condensada, po e residuos barridos polo vento.

Un tornado destrúe coma consecuencia tanto da grande velocidade do vento como da diminución repentina de presión no vórtice da espiral.

As trombas de auga son similares ós tornados, aínda que se forman no mar, baixo cumulonimbos; aínda que son de menor tamaño e potencia que os tornados, a auga pode ser levantada ata os 3 metros por enriba da superficie.

As seis rexións máis importantes de formación de ciclóns tropicais, chamados tamén furacáns ou tifóns son:

  • I.- As Antillas, o golfo de México e o mar do Caribe.
  • II.- A parte Occidental do Pacífico Norte, incluindo as illas Filipinas, o mar da China e o arquipélago do Xapón.
  • III.- O mar Arábigo e o golfo de Bengala.
  • IV.- A rexión costera do Pacífico oriental próxima a México e América Central.
  • V.- A parte meridional do océano Índico frente a Madagascar.
  • VI.- O Pacífico suroccidental na rexión de Samoa, as illas Fiji e a costa oriental de Australia.

imaxe tornado

Velocidade máxima de vento e efectos típicos:

  • Categoría uno, furacán débil: 74-95 mph (64-82kt) : Dano mínimo: centrado en árbores e follaxe. Non se producen danos nas estructuras dos edificios, excepto aqueles de construcción pobre.
  • Categoría dos, furacán moderado: 96-110 mph (83-95kt) : Dano moderado: resulta considerable na follaxe de árbores, producíndose incluso derrubamentos dalgúns deles; danos que afectan, á súa vez, a portas ou fiestras aínda que nunca referidos ás estructuras dos propios edificios excepto os de construcción pobre.
  • Categoría tres, furacán forte: 111-130 mph (96-113kt) : Daño extenso: Danos estructurais en pequenos edificios; casas preconstruídas e caravanas destruídas.
  • Categoría cuatro, furacán moi forte: 131-155 mph (114-135kt) : Dano extremo: árbores e postes da luz derrubados; danos en tellados, fiestras e portas; pérdida completa de tellados en abundantes casas residenciais pequenas e destrucción total caravanas.
  • Superior ós 155 mph (135kt): Dano Catastrófico: Dano xeralizado nos tellados de edificios coa perda dos mesmos en abundantes residencias e industrias; importantes e abundantes danos en portas e fiestras; rotura masiva de cristais; derrubamento dalgúns edificios e completa destrucción de casas preconstruídas e caravanas.

Curiosidades
  • O término furacán derívase de "hurican", deus caribeño do mal.

  • O bautizo dos furacáns iniciouse durante a segunda Guerra Mundial; ata os anos setenta só se empregaron nomes femininos; agora, por fin, xa se alternan cos masculinos.

  • A estación dos tornados Atlánticos abarca "oficialmente" dende o 1 de Xuño ata o 30 de Novembro.

  • Unha tormenta tropical só adquire o grao de furacán se os seus ventos sobrapasan os 119 km/h.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia