Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Furacáns

Un furacán está formado por bandas de nubes (de 6 a 12 km de ancho) que xiran ó redor dun ollo en espiral.

Etapas de formación:

  • A auga mariña debe ter unha temperatura mínima de 27 ºC nunha capa superficial duns 70 metros de profundidade.
  • Os ventos alisios cerca da superficie converxen e forman unha columna de vapor que ascende cara ás capas altas da atmósfera formando nubes por condensación ó atopar capas de aire máis frío. Tal condensación xera calor, millóns de vatios de enerxía, que evaporan máis auga da superficie; o furacán autoaliméntase.
  • Debido á forza de Coriolis, un fluido en ascenso (o vapor de auga) debe xirar no senso contrario ás agullas dun reloxo no Hemisferio Norte; polo tanto, o sistema de nubes comeza a xirar. A espiral ascendente forma unha parede cilíndrica de nubes densas que rodea ó ollo do furacán, unha zona de baixas presións na que existe un gran vacío de 15 o 20 km de diámetro.
  • En torno ós 15 km de altitude, a baixa densidade atmosférica impide que o aire siga subindo polo que comeza a descender a uns 200 o 300 quilómetros do borde do furacán xirando en senso contrario en relación a éste.
  • Durante o seu percorrido, o furacán desprende auga en forma de choiva e autoaliméntase a través do vapor. Cando toca terra, a tormenta atopa o aire máis frío, xa no existe vapor que absorber, polo que baleira tódala auga que transporta en forma de choivas torrenciais acompañadas de ventos furacanados.

imaxe furacan

Curiosidades
  • O término furacán derívase de "hurican", deus caribeño do mal.

  • O bautizo dos furacáns iniciouse durante a segunda Guerra Mundial; ata os anos setenta só se empregaron nomes femininos; agora, por fin, xa se alternan cos masculinos.

  • A estación dos tornados Atlánticos abarca "oficialmente" dende o 1 de Xuño ata o 30 de Novembro.

  • Unha tormenta tropical só adquire o grao de furacán se os seus ventos sobrapasan os 119 km/h.



Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia