Glosario de meteoroloxía
O vento

Igual ca presión, o vento é un importante elemento controlador do tempo e a climatoloxía.

O vento non é máis que o movemento do aire respecto da superficie terrestre que se atopa en rotación uniforme ó redor do eixo da Terra; actua coma axente transportador do aire, vapor de auga ademáis de efectua-los intercambios de calor; este aire en movemento é xerado coma consecuencia das variacións da presión atmosférica de xeito que o vento superficial sopla formando un ángulo coas isobaras, saíndo dos anticiclóns e entrando nas borrascas.

Existen diversas formas de clasificación do vento: en relación á súa intensidade (escala Beaufort), da súa rexión de orixe (ártico, polar, tropical, ...) ou en referencia á súa dirección de avance (o vento noméase sempre dacordo coa dirección da que procede, de xeito cun vento do oeste implica vento que vén do oeste e que se dirixe cara o leste) ou en función da súa magnitude (o extensión xeográfica á que afectan); en termos de magnitude, existen tres clases de ventos: circulacións primarias (tamén chamadas planetarias ou globais), circulacións secundarias (que incluen grandes rexións xeográficas como os monzóns asiáticos ou os ventos asociados ás frontes) e, por último, as circulacións terciarias (nas que se engloban as circulacións locais do vento ou os ventos rexionais de pequena escala como os foehn dos Alpes Europeos).

imaxe poluci�n


Curiosidades
  • A Escala Beaufort: Esta escala foi orixinalmente proposta por Francis Beaufort (posteriormente Almirante Sir Francis, Hidrógrafo da Royal Navy), que vivíu entre 1774 e 1857.

  • Na mitoloxía grega, Eolo era o deus dos ventos; tíñaos encerrados nun zurrón e sacábaos cando lle parecía oportuno; os catro máis importantes correspondíanse coas catro direccións principais da rosa dos ventos: "Boreas" o vento do Norte; "Austro" o "Noto", que viña do Sur; "Céfiro" que soplaba de poñente e "Afeliote" ou vento do Leste.




Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia