Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Frontes

Unha fronte separa dúas masas de aire de características claramente diferenciadas.

Clasificación das frontes:

  • Estacionarias: Ningunha das dúas masas en separación avanza unha contra a outra.
  • Móviles: Subdivididas, á súa vez, en cálidas, frías e ocluídas.
    • Cálida: Das dúas masas, a cálida avanza sobre ou contra a fría. No mapa do tempo en superficie, represéntase cunha liña continua con semicírculos adosados a ela.
    • Fría: Separa masas nas que a fría avanza sobre a cálida; represéntase cunha liña continua e triángulos adosados a ela.
    • Ocluída: Fórmase cando unha fronte fría alcanza unha fronte cálida e desgaxa aire do sector cálido da superficie; nun mapa do tempo en superficie, as frontes ocluídas represéntanse mediante liñas continuas e algo grosas con pares de semicírculos e triángulos adosados a ela.

Secuencia de nubes que preceden ás frontes cálidas e ás oclusións:

  • 1. Cirros (colas de cabalo e feixes).
  • 2. Cirroestratos (halos).
  • 3. Altoestratos (o sol desaparece progresivamente).
  • 4. Nimboestratos (choiva ou neve).

Secuencia nubosa dunha fronte fría:

  • 1. Chegada de grandes cúmulos de gran evoluciòn vertical, en ocasións mesturados con cumulonimbos.
  • 2. O ceo escurécese comezando as precipitacións: chubascos, saraibas intermitentes, etc ...
  • 3. Unha hora ou dous despois, xa existen claros no ceo e os cumulonimbos espácianse.

Exemplos de Fronte Fría (fig. esquerda) e Fronte Cálida (fig. dereita) tomadas do UKMODEL:

imaxe fronte
imaxe fronte

Exemplo de Fronte Ocluída tomada do UKMODEL:

imaxe fronte
Curiosidades
  • Unha masa de aire tropical contén de 5 a 10 veces máis auga ca unha masa de aire polar de parecido tamaño.

  • A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.

  • Os primeiros en interesarse pola meteoroloxía foron os chinos; así, o filósofo Lao-tzu cita que "se sopra un vento forte durante toda a mañá haberá choiva durante máis de 24 horas"



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia