Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Observación do tempo

1

O satélite meteorolóxico, utilizado para supervisar o tempo atmosférico e o clima da Terra. As fotografías de satélite son a mellor ferramenta para observar o vapor da atmosfera, as nubes, a neve, as tormentas de area e po; pero tamén a orografía, a contaminación, as luces das cidades. Poden ser:

Satelite meteoroloxico
  • - heliosíncronos, orbitando a unha altura de entre 300 e 1.500 km. Pasan á mesma hora por riba do mesmo punto terrestre, ata 12 veces diarias.
  • - xeoestacionarios, a uns 35.800 km de altura. Orbitan á mesma velocidade cá Terra polo que fican na mesma zona xeográfica. Mantéñense por riba do ecuador terrestre.
2

O globo meteorolóxico mide varios parámetros atmosféricos e transmíteos a un aparello receptor fixo. Sóltanse diaria ou semanalmente. O globo explota a uns 30.000 metros debido á falta de presión do aire externo a esa altitude.

3

O radar meteorolóxico emprégase na detección de chuvias, as súas traxectorias no interior dunha caseta de madeira e intensidades.

4

Unha estación meteorolóxica mide e rexistra regularmente diversas variables meteorolóxicas. Nalgúns casos sitúanse ventilada e pintada de branco (caseta de Stevenson). Esta garita oriéntase ao norte co fin de que o sol non perturbe as medidas.

Estación meteorolóxica
As boias meteorolóxicas miden variables meteorolóxicas en mares e océanos. Algúns tipos de boias mantéñense á deriva, regulando a súa profundidade mediante cambios de densidade para medir a velocidade das correntes mariñas. Outras permiten detectar tsunamis e maremotos, nas costas de risco.

sabías que...

O primeiro rexistro continuo de datos meteorolóxicos foi efectuado polo reverendo William Merle en Oxford (RU), entre 1337 e 1344.

APARELLOS:

Termógrafo

Temperaturas ao longo de todo o día.

Termómetro de máximas e mínimas

Termómetros de subsolo

Temperatura a 10, 50 e 100 cm de profundidade.

Piranómetro

Radiación solar global.

Heliógrafo

Horas de luz solar.

Anemómetro

Velocidade do vento.

Barómetro

Presión atmosférica en superficie.

Pluviómetro

Cantidade de precipitación.

Psicrómetro e higrómetro

Humidade relativa do aire e temperatura do punto de rosada.

Catavento

Dirección de onde procede o vento.

Tanque de evapo-transpiración

Volume de auga evaporado nas condicións do ambiente durante 6, 12 ou 24 horas.
Estación

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia