Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Mapas do tempo

Un mapa meteorolóxico é un plano usado para mostrar información do tempo de forma rápida, empregando diferentesvariables da atmosfera. Poden usarse varios tipos de liñas:
Mapa meteorolóxico isobar

Isobaras:

Puntos de igual presión atmosférica nun mapa.

Isotermas:

Gradiente (variación entre dous puntos) de temperatura nunha rexión determinada, podendo así localizar posibles frontes.

Isotacas:

Puntos de igual velocidade do vento.

Borrascas e anticiclóns

Os movementos terrestres e outras causas provocan que a distribución do aire sobre a terra non sexa uniforme. Distribúese nunha sorte de "montañas" e "vales".
Borrasca

Os vales son zonas de baixa presión chamadas borrascas; xiran no sentido contrario ás agullas do reloxo. Nos seu movemento ascendente de aire é onde se producen as precipitacións.

Anticiclón

Os anticiclóns son o contrario ás borrascas, zonas de alta presión que xiran no sentido das agullas do reloxo. As súas formas non son tan redondeadas como as borrascas. Poden adquirir formas alongadas que actúan de verdadeiras cu&ntile;as entre borrascas. No proceso o aire descende

Fronte

Faixa que separa dúas masas de aire con propiedades termodinámicas (presión, temperatura...) diferentes. Guiada xeralmente por correntes de aire de oeste a leste no hemisferio norte e inversamente no sur. Este movemento é provocado pola forza de Coriolis, causada pola rotación terrestre.

Fronte fría

Moi forte e rápida, con mal tempo; unha masa de aire fría achégase a outra de aire quente. O aire frío métese por baixo do aire cálido (menos denso), sendo empurrado e desprazado. Pode causar perturbacións atmosféricas ocasionais como trebóns, chuvascos, tornados, ventos fortes antes do paso da fronte fría, acompañadas de condicións secas a medida que a fronte avanza.
Fronte fía, cálida, ocluida

Fronte cálida

Parte frontal dunha masa de aire morno que pasa por riba ata substituír unha masa de aire frío. Na masa cálida a temperatura e a humidade aumentan, a presión sobe e o vento cambia, pero non tanto como coa fronte fría.
 

Correntes en chorro

Tamén chamadas "Jet stream". Fluxos rápidos de aire que circulan pola atmosfera a unha altura duns 11 quilómetros sobre a superficie da terra e por debaixo da tropopausa. Fórmanse nas proximidades de masas de aire adxacente con diferenzas significativas de temperatura. Así acontece cando se reúnen correntes que veñen dunha rexión polar con aire máis quente. Son extremadamente importantes para as liñas aéreas. En EE. UU. e en Canadá, por exemplo, o tempo para voar ao leste a través do continente pode baixar preto de 30 min se a aeronave de á fixa se pode "montar" na corrente "en chorro".
Mapas do tempo

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia