Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
As nubes

As nubes poden clasificarse de varios xeitos. O máis común é pola altura á que están. Pode haber subtipos e, a miúdo, resulta difícil distinguir unha clase doutra. Os tipos principais de nubes son:

Nubes baixas

Chegan ata os 2.000 metros.

Cúmulos
1

Cúmulos, de base plana e cimas redondeadas en forma de coliflor. Algúns fórmanse con bo tempo, parecendo algodóns no ceo.

Estratos
2

Estratos, unha capa horizontal e gris con base uniforme, a baixa altura.

Estratocúmulos
3

Estratocúmulos, a modo de sobrecama ou edredón gris abrancazado e algodonoso.

Nimbostratos
4

Nimbostratos, difusa capa baixa, gris peluche, triste e chuviosa.

Nubes medias

Entre os 2.000 e 6.000 metros.

Altocúmulos
5

Altocúmulos, rabaño de branquísimos años vistos no val desde a montaña. Ás veces presentan belísimas formacións como lousas nacaradas ou avermelladas, regularmente colocadas no ceo.

Altostratos
6

Altostratos, aspecto de saba gris inmensa que pode estenderse horizontalmente centenares de quilómetros. Ao seu través pode verse a luz do sol e da lúa pero nunca o astro.

Nubes altas

Por riba dos 6.000 m.

Cirros
7

Cirros, tenues plumas flotantes.

Cirrocúmulos
8

Cirrocúmulos, semellan grumos de leite callado, pequenos cordeiros distribuídos polo ceo en formacións afastadas.

Cirrostratos
9

Cirrostratos, esténdense polo ceo cubríndoo dun finísimo veo.

Cúmulonimbos

Suben ata 10 km ou máis.

Nubes de tormenta
10

Nubes de tormenta. Responsables dos temibles pedrazos, descargas eléctricas e grandes chuvascadas. Temidos na navegación aérea debido ás tremendas correntes verticais ascendentes e descendentes.

Nubes raras

Lenticular

Nuves Raras - Lenticular

Foto: Altega

Unha nube estacionaria con forma de lente ou améndoa, pode durar moitas horas no mesmo lugar con pequenos cambios de forma.

sabías que...

Morning glory de ata 1.000 km de lonxitude, fórmanse en sitios específicos como o Golfo de Carpentaria (Australia). Poden alcanzar velocidades de desprazamento de 60 km/h. Afeccionados de todo o mundo viaxan ex profeso para observalas.

Foto: Mick Petroff

Morning glory

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia