Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Magnitudes I

Como en toda ciencia, na meteoroloxía temos que tomar medidas para poder tratar datos e obter conclusións. No noso caso son moi importantes as seguintes:

Presión

Mide a forza por unidade de superficie.

A presión atmosférica é a exercida polos gases que conforman a atmosfera en calquera punto da mesma.

A atmosfera na Terra ten unha presión media de 1.013,25 hectopascales (hPa) ou milibares (mbar). A medida de presión do Sistema Internacional (SI) é o Newton por metro cadrado (N/m2) ou Pascal (Pa). A presión atmosférica a nivel do mar en unidades internacionais é 101.325 N/m2ou Pa.

Presión
Cando o aire está frío descende, facendo aumentar a presión e provocando estabilidade. Fórmase un anticiclón térmico. Cando o aire está quente ascende, facendo baixar a presión e provocando inestabilidade. Fórmase un ciclón ou borrasca térmica.

Vento

O movemento do aire. A causa dos ventos está nos movementos de rotación e de translación da Terra e na radiación solar que quenta a atmosfera indirectamente. Son os raios de calor (infravermellos) reflectidos pola superficie terrestre e acuática da Terra os que logran quecer o aire. Esta é case a única fonte de calor. O desigual quentamento do aire dá orixe ás diferenzas de presión e estas aos ventos.
Temperatura

Temperatura

A enerxía que dá lugar ao movemento das moléculas &eeacute; a calor. A súa medida é a temperatura. Adoita medirse en graos Celsius (°C)
BARÓMETRO BARÓMETRO
Presión atmosférica Presión atmosférica O efecto da presión atmosférica pódese ollar moi ben con dúas botellas de plástico pechadas a diferentes altitudes. Á dereita, botella pechada en Cabeza de Manzaneda, a 1758 m de altitude e unha presión barométrica de 820 hPa, tal e como se ve a unha altitude de 167 m. En comparación amosamos unha botella con aire pechado á altitude de referencia e unha presión barométrica de 974 hPa.
ANEMÓMETRO ANEMÓMETRO

sabías que...

A temperatura máis baixa rexistrada na Terra foi de -89,2 °C na base rusa Vostok da Antártida, no ano 1983. A máis alta, 57,3 °C no deserto de Libia en 1923 (medida á sombra).

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia