Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
O clima do pasado

Coñecer o clima da Terra en épocas pasadas, desde miles de anos anteriores a nós, corresp&ocute;ndelle á Paleoclimatoloxía. A súa precisión non é tan grande como os datos actuais, pero permítennos coñecer como variou o clima na Terra de forma xeral. Tres grandes períodos de glaciacións (grandes fríos e xeo en latitudes medias) déronse con seguridade nos períodos Precámbrico, Carbon&iacue;fero-Pérmico e Cuaternario. Estas glaciacións marcan as etapas climáticas máis importantes da Terra. Os métodos de datación dos que dispomos son varios:


Os territorios xeados da Terra como as zonas polares ou os glaciares fórmanse ano tras ano polo depósito de sucesivas capas de xeo. Cada capa ten un grosor diferente dependendo da súa formación invernal ou estival. Podemos contar as capas dun xeito similar aos aneis das árbores.
O cilindro de xeo foi extraído desde 1837 metros de fondo na Antártida. Contando as capas de diferente intensidade apreciamos que este anaco

Con diferentes análises podemos atopar:

  • - Burbullas de aire, coñecendo a composición da atmósfera en diferentes épocas
  • - Partículas minerais de erupcións volcánicas
  • - Cinza de incendios forestais
  • - Po do deserto ou de micro-meteoritos
  • - Bacterias.
As árbores amosan diferentes ciclos de crecemento que se aprecian nos aneis do tronco. Contando os aneis podemos saber a idade do tronco. Ademais:
- Os aneis do inverno son máis estreitos que os de verán. Estes poden ser máis claros.
- Árbores mortas hai tempo permítennos chegar varios séculos atrás.
- A anchura dos aneis de verán nos permiten saber se a árbore medrou moito (condicións favorables) ou pouco (condicións desfavorables).
- Árbores petrificadas permítennos coñecer o clima de milenios atrás.
O clima da Terra en ├ępocas pasada

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia