Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"

Tempo e lingua

Falar do tempo é unha forma de romper o xeo nunha conversa. Seguro que a tradición provén do noso pasado agrícola, cando o tempo era o regulador fundamental da vida diaria. Isto reflíctese na abundancia de frases e refráns referidos ao clima e ao tempo.

Chuvia

  • - A chuvia no agosto, non trae bon mosto, nin bon magosto, nin bon entrecosto
  • - A chuvia mellor do ano vén o doce sin engano
  • - A chuvia na eira non fai malladoiro
  • - A inverno chuvioso, verán abondoso
  • - Abril abrilado: mala cousa se non vén mollado
  • - Aire zamorao, auga na mao
  • - Arco da vella á mañanciña, prepara a capotiña
  • - Andoriña que alta voa, non teme que chova
  • - Arco da vella á tarde non vén de balde: se non trae chuvia,traerá aire
  • - Arco da vella ó mediodía, chuvia para todo o día
  • - Cando canta o cuco, tan pronto mollado como enxoitado
  • - Cando do este chove, hastra as pedras move
  • - Xiada encima de mollado, chove de contado

Neve

  • - A curuxa de madrugada, vento ou xeada
  • - A neve de xaneiro fai o pan no eido
  • - Ano nevento, ano farturento
  • - Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca
  • - En Santos, a neve polos altos; e en san Andrés, a neve polos pés

Xeo

  • - Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis
  • - Xunta de gatos, señal de xeada

Bo tempo

  • - A curuxa no ameixón, mortandá ou tempo bon
  • - Anduriña moi adiantada, primaveira ben temprada
  • - Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amencer
  • - Canta o sapo, tempo guapo Xuño quente, millo valente

Mal tempo

  • - A invernada de abril mata á porca no cubil
  • - En xaneiro vive o home a carón do caldeiro
  • - Néboa na montaña, pescador na cabaña

Frío

  • - Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar

Varios

  • - A lúa como quinta, trinta
  • - Pola noite de San Xoán pon a roupa na túa solán
  • - Cando chove e fai sol, alegre está o pastor

Toponimia

Moita da toponimia galega vén determinada polo tempo ou polo clima propio desa zona:

  • As Neves
  • Casa do Vento
  • Corisco
  • Escuriscada
  • Fontefría
  • Frieira
  • Friol
  • Hospital de Bruma
  • Invernal
  • Mesón do Vento
  • Meixonfrío
  • Muíño do Vento
  • Neboade
  • Neboeiro
  • Orballeda
  • Outonais
  • Pedrazón
  • Penafría
  • Penaquente
  • Quenteira
  • Seteventos
  • Valfrío
  • Ventisca, A
  • Ventorrillo
  • Ventosela
  • Ventoso
  • Vilafrío
  • Vilariño Frío
Tempo e lingua

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia