Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Onde a terra manda no aire

Costa

No verán a calor desprendida pola terra produce cúmulos ou cúmulonimbos. A diferencia de temperatura entre mar e terra favorece a formación de brisas. As masas de auga quecen en contacto coa costa, transmitindo enerxía á atmosfera. O aire móvese de onde hai máis presión a onde hai menos; a brisa mariña vai cara o interior do continente polo día. &Aaacute; noite invírtese a situación, aparecendo as brisas terrais.
En Galicia atopamos climas diferentes en función das características xeográficas e atmosféricas locais: a orografía, a distancia ata o mar, a presenza das rías, a latitude.

Climas locais

Coa altura descende a temperatura (0,65 &dec;C por cada 100 m) pero aumenta a radiación solar. Variacións térmicas grandes e fortes ventos. Vertente norte (ou de sombría) máis húmida e fría cá vertente sur (ou de solana), onde a radiación solar incide máis vertical.
  • - As frontes cálidas sofren unha brusca freada. Unha cuña de aire frío opr&iaacute;mese entre a fronte e a montaña, polo que a fronte cálida avanza na horizontal moi lentamente, sendo obrigada a subir enerxicamente formando nubes e precipitacións.
  • - Nas frontes frías o aire cálido comprímese entre a terra e a fronte sufrindo un ascenso forzado, desestabilizando a situación atmosférica e producindo chuvascos intensos, baixada de presións, e as refoleadas de vento.
  • - O aire arrefría ao subir a montaña, acadando e rebordando o nivel de condensación da auga. O aire húmido capta calor do ambiente, aumenta a súa enerxía e condensación, provocando tormentas. Se o arrefriamento &eeacute; moi intenso non acumula enerxía e só chovería. Cando o aire descende das montañas vaise quentando pouco a pouco, dificultando as precipitacións.
Rías Baixas Costas recortadas. Brisas de pouco alcance. Masas de aire h&uaacute;mido do océano teñen que concentrarse e elevarse repentinamente,arrefríanse e fanse inestables; prodúcense chu- vias. Ás zonas máis interiores o aire chega seco.
Rías Altas Relevo máis suave; chegan ao interior as perturbacións atlánticas, mantendo clima oceánico. Precipitacións máis graduais.As brisas chegan ata 5 km terra adentro, refrescan e humedecen a terra, diminúen contrastes térmicos e aumentan as nubes.
Serras Canalizan os fluxos de aire, distribuíndo precipitacións, gradientes de humidade e regulando temperaturas. A Dorsal Galega actúa de barreira permeable entre as chairas de interior (Terra Chá, Lemos, A Limia...) e as terras da fachada litoral atlántica.
Vales Vales
  • - Lérez, Verdugo, Eume, Xubia, Ouro e Masma. Reparten as masas de aire oceánico permitindo que se acheguen á Dorsal.
  • - Ulla e Tambre. Vales grandes que conectan a costa co interior.
  • - Vales fluviais interiores. A radiación solar e a temperatura varían moito dunha vertente á outra. Xunto coa humidade propia dos ríos favorece as brisas de val, as inversións térmicas e as néboas de estancamento.
Fosas Fosas tectónicas Padrón, Caldas e Tui-Budiño, Terra Chá. Depresións no terreo de norte a sur, flanqueadas por fortes pendentes; son as fosas tectónicas. Preto da costa non inflúen apenas no clima, pero no interior (especialmente no sudeste) presentan unha maior amplitude térmica e frecuentes néboas, así como chuvias escasas.
Onde a terra manda no aire

Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.7.5
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia