Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
O sol, motor do mundo

A circulación atmosférica é un movemento do aire atmosférico a gran escala. Xunto coa circulación dos océanos, distribúe a enerxía pola superficie da Terra. Estes movementos varían de ano a ano, pero a súa estrutura básica fica constante.
A calor do Sol é responsable última do clima na Terra.
  • - O sol quenta as zonas máis ecuatoriais facendo que o aire se dilate e aumente a altura desa masa de aire, formando unha zona de borrascas. No ecuador a atmosfera ten maior altura.
  • - Nos polos o aire non se quenta. Incluso arrefríase por interacción coa superficie terrestre, compáctase contra o terreo e crea zonas de altas presións. Aquí a atmosfera ten menor altura.
  • - Nos trópicos de Cáncer e Capricornio o Sol quenta en diverso grao segundo o ángulo de incidencia, que depende da estación. Nestas zonas fórmanse baixas presións.
raios
correntes
Corrientes aeroxenas
  1. - Ventos polares do leste
  2. - Ventos do oeste
  3. - Ventos alisios
  4. - Chorros polares
  5. - Chorros subtropicais
  As masas de aire móvense en superficie desde as altas ás baixas presións. Fórmanse células convectivas, correntes que van dos anticiclóns ás borrascas. Compáctanse, soben e despois volven a buscar as baixas presións en altura acadando zonas onde o sol quenta e as masas de aire poden baixar de novo a zonas de anticiclóns.
A rotación terrestre provoca que as masas de aire non volvan ás zonas de borrascas das que partían, senón a outras zonas borrascosas cercanas ás anteriores. Estas irán dar preto doutras, nunha sorte de circuito pechado que reparte a humidade e a enerxía térmica solar polo planeta. O ciclo tarda en completarse uns 1000 anos.
Expometeoro di:  O sol, motor do mundo As correntes mariñas teñen o seu propio circuito acotado polos continentes. Reparten a calor no globo e estabilizan as temperaturas de cada zona.
  • - En Galicia temos a corrente cálida que provén do Golfo de México.
  • - A nivel global, o fenómeno de "El Niño" consiste nun quentamento das augas do Pacífico. Acontece entre cada 2 a 7 anos, influíndo moito no comportamento do clima en todo o mundo.
  • - A medición das correntes realízase con boias mariñas. O Proxecto Raia é unha extensa rede de observación océano-meteorolóxica na plataforma costeira do Norte de Portugal e Galicia con boias de última xeración. Á altura das desembocaduras dos ríos Douro e Miño, no extremo da plataforma á altura de Porto e fronte de Cabo Silleiro. Comple- menta a rede de observación automática actual de Intecmar/MeteoGalicia (Cíes, Ons e Rande), Portos do Estado (rede de boias de augas profundas e mareógrafos) e Instituto Hidrográfico (rede de boias e mareógrafos). Miden en tempo real datosmeteorolóxicos, oceanográficos e biolóxicos.

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia