Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Predición meteorolóxica

¿Que é un modelo meteorolóxico?

As predicións meteorolóxicas fanse resolvendo complicadas ecuacións que explican o movemento do aire na atmosfera.

¿Como se constrúe un modelo?

  • - Construímos unha maqueta ideal da atmosfera, formada por unha retícula tridimensional sobre toda a superficie terrestre. Forma unha malla de cubos, nos que colocamos, en cada vértice, os datos de presión, temperatura e humidade.
  • - Facemos unha medición de datos iniciais:

    • globos sonda
    • observatorios en terra
    • boias oceanográficas
    • sat&ecute;lites
    • buques, avións
  • Empregamos as leis físicas para coñecer como varían os datos recollidos segundo pasa o tempo. Chegamos a un estado final (modelo operativo) dos nosos datos.

  • O estado final anterior serve de estado inicial do paso seguinte. Este iníciase tras 15 minutos; a este avance chámase "paso de tempo".

  • Nos modelos globais trabállase a varios días vista, medindo as evolucións da atmosfera cada 15 minutos. Nun só día poden moverse un número de caracteres similar ao que conteñen 8.000 volumes dunha enciclopedia.

  • O procedemento de predicir un estado final a partir dun inicial leva consigo un notable deterioro co paso do tempo xa que as pequenísimas e inevitables variacións pódense amplificar dunha maneira extraordinaria. É o que constitúe a moderna teoría do caos. Canto máis lonxe esteamos das condicións iniciais aumentan os erros de incerteza ou perturbacións. A evolución da nosa maqueta é cada vez máis diferente da evolucioacute;n real que terá lugar na atmosfera. A dez días estas diferenzas poden ser completamente desatinadas.

  • Habitualmente realízase unha predición "por conxuntos". Estúdanse á vez outras maquetas que se fan evolucionar de forma paralela á maqueta principal (ou maqueta operativa, descrito antes.

  • Cada zona elabora a súa maqueta local ouModelo de área Limitada (LAM) que é a ferramenta que normalmente emprega para facer as súas predicións do tempo.

  • Cada paso do tempo implica pequenas variacións dos parámetros medidos. Cada pequeno cambio nas variables meteorolóxicas supón realizar uns 100.000.000.000 operacións.

  • A experiencia do meteorólogo e o coñecemento da climatoloxía local son fundamentais á hora de interpretar as saídas dos modelos e os datos, aumentando a fiabilidade da predición.

Predicións
Lewis Fry Richardson Foi o primeiro en empregar o cálculo numérico para realizar unha predición meteorolóxica. Era o ano 1922, pero as limitacións de cálculo da época provocaron que, ao aplicar o seu modelo ás condicións meteorolóxicas de certo día, fora incapaz de predicir a súa evolución durante as seis horas seguintes.
Previsión meteorolóxica

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia