Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Meteoroloxía extrema

O clima da Terra é fundamental para a existencia da vida. Pero o tempo maniféstase as veces dun xeito tan violento que, de ser habitual (como pasa nos planetas que nos rodean), impediría a vida tal e como a coñecemos.

A tormenta

Xírase cando coexisten próximas dúas ou máis masas de aire de diferentes temperaturas. Un centro de baixa presión que desenvolve ao seu redor outro centro de alta presión produce ventos fortes e nubes características como os cúmulo-nimbos. Este contraste provoca inestabilidade con chuvias, ventos, lóstregos, tronos, sarabias. Poden transportar partículas en suspensión como a tormenta de area ou, incluso, pequenos obxectos e seres vivos.

Meteoroloxía extrema

Zonas con máis raios do mundo

País Zona Raios / km2 ano
Ruanda Kamembe 83
República Dem. do Congo Lusambo 52
Lusambo 52
Kananga 50
Malaisia Kuala Lumpur 48
Nixeria Calabar 47
Gabón Franceville 47
Colombia Ocana 40
Paraguai Concepción 37

Seca

Anomalía transitoria en que hai menos auga que a requirida nunha área xeográfica dada. A auga non é suficiente para fornecer as necesidades das plantas, os animais e os humanos.

Gota fría

Coñecida polos meteorólogos como DINA (Depresión Illada en Niveis Altos), é unha masa de aire quente que se eleva a gran altura polas elevadas temperaturas do mar (24 ou 26 °C). Arrefríase rapidamente orixinando grandes perturbacións atmosféricas: chuvias violentas e intensas durante horas ou días, nume- rosos lóstregos, sarabia e ventos furacanados. Típico en setembro ou outubro en zonas do Mediterráneo. En Gand�a (Valencia) no 1987 chegou a superar os 500 l/m2 nun día, tanto como chove na zona en todo un ano.

Tornado

Turbillón violento de aire que xira sobre si mesmo, estendéndose desde a superficie terrestre cara ao nivel das nubes onde se disipa. Os ventos acadan velocidades desde 100 ata máis de 400 quilómetros por hora, coa forma de cono invertido inclinado cara atrás na súa traxectoria. Afectan unha pequena área moi pouco tempo pero con gran forza de destrución. Pódense formar en calquera parte do mundo. En Galicia, o relevo e as condicións habituais dificultan a súa formación. Si temos mangas mariñas, formacións equivalentes que teñen lugar na superficie do mar.

Onda de calor ou canícula

Supón un período seis ou máis días con temperaturas mínimas altas; pode haber tamén moita humidade. Depende da temperatura habitual de cada zona. Se ten lugar unha seca ao mesmo tempo prodúcense fortes incendios forestais. Poden causar mortes por hipertermia, especialmente entre os anciáns, nenos moi pequenos e doentes. É o fenómeno meteorolóxico máis letal.
Hurracan Katrina 5 de Aug de 2008

Furacán ou ciclón tropical

Sistema de tormentas cunha circulación arredor dun centro de baixa presión e que pro- duce ventos extremadamente fortes, chuvias torrenciais e fortes marusías na costa. Pode haber inundacións e corrementos de terras.

sabías que...

Unha estensa zona no centro dos Estados Unidos denomínase o "corredor dos tornados", dado que alí se concentran unha cantidade significativa deles (varios centos nos últimos 50 anos).
Tornado Oklahoma Autor: Daphne Zaras / NOAA

Autor: Daphne Zaras / NOAA

Huracan Autor: NASA

Autor: NASA


Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia