Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Clima e tempo non son o mesmo

O tempo meteorolóxico está formado polos fenómenos de meteoroloxía que vivimos en cada momento: chuvia, vento, neve, sarabia... O clima implica o procesado dos datos de tempo durante 30 anos polo menos. Pódese predicir o tempo de forma máis ou menos fiable con 10 días de antelación como moito. O clima, porén, é máis estable.

Zonas climáticas mundiais

Zonas climáticas mundiais
 
Mornas: Dominan os ventos occidentais (de oeste a este). Chocan coas masas de aire frío polares, pasando por riba (son máis quentes),formando nubes e precipitacións en forma de borrasca. Alternancia típica de paso dunha fronte cálida seguida unha melloría transitoria e unha fronte fría con empeoramento do tempo.
 
Tropicais: Ao norte e ao sur da zona anterior. Ventos alisios; masas de aire do norte ou do sur que ocupan o espazo que deixa libre o aire ascendente da zona ecuatorial. O aire descende aumentando a súa temperatura, tendo maior capacidade para conter vapor de auga. Hai grandes extensións desérticas.
 
Converxencia intertropicais: Aire cálido e húmido ascendente, pola insolación diaria. Arrefríase no alto e forma nubes. Abundan as chuvias e as elevadas temperaturas. Moita vexetación (grandes bosques selváticos).
 
Polares: Situación case sempre anticiclónica pola estabilidade. Moi pouca chuvia, que soe ser neve. Abundan os desertos fríos, cubertos por xeo e neve.

Climas locais

Localmente hai gran variedade debido a factores como distribución das masas de terra e de auga, montañas e vexetación.

Zonas climáticas de España

A transición entre zonas tropicais e mornas, xunto coa orografía (variadas cadeas montañosas, amplas mesetas, franxas litorais estreitas) e as grandes masas de auga ao seu redor crean unha gran variedade de climas na pen&intilde;nsula. Inflúen especialmente as correntes en chorro coas borrascas e as súas frontes asociadas, así como as altas presións tropicais do anticiclón das Azores. Con iso hai unha grande variabilidade de temperaturas e precipitacións.
Zonas climáticas de España
 
Oceánico ou morno h&uaacute;mido: Pluviosidade alta e ao longo de todo o ano. Diferenzas de temperatura pequenas con veráns frescos e invernos mornos. Paisaxe e vexetación son moi parecidas ás de Europa occidental.
 
Mediterráneo oceánico ou continental suavizado: Invernos fríos ou moi fríos, veráns cálidos, gran amplitude térmica, no caso da cunca do Duero con moitas néboas no inverno. Precipitacións moderadas no inverno e moi escasas no verán.
 
Mediterráneo continental : Invernos bastante fríos, veráns cálidos ou moi cálidos, con escasas precipitacións que se concentran no inverno.
 
Mediterráneo : Veráns secos e áridos con poucas chuvias, invernos suaves. Precipitacións en primavera e outono, con chuvias torrenciais moi localizadas (gota fría). Alternancia de anos chuviosos con anos de seca.
Expometeoro di: Clima e tempo non son o mesmo

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia