Cálculos Meteorolóxicos

O Sistema Internacional de Medidas (S.I.) estandarizou as escalas de medida dos distintos parámetros físicos. Malia iso, algúns instrumentos meteorolóxicos na actualidade continúan utilizando distintos sistemas de medidas. Esta calculadora conta coas ferramentas para converter os valores obtidos nas distintas escalas de unidades, e proporciona a axuda necesaria para o manexo dalgúns parámetros meteorolóxicos.


Ferramentas dispoñibles:



Converter temperatura: grados Fahrenheit/Celsius

A temperatura do aire é a medida da actividade molecular deste. As principais escalas de medida son a Celsius e a Fahrenheit. Na escala Celsius, o grao 0 representa o punto de conxelación da agua e os 100 graos o punto de ebullición. Na escala Fahrenheit os 32 graos e os 212 graos representan o punto de conxelación e ebullición da agua, respectivamente.


Escriba a temperatura nun casilleiro para convertila á outra escala:


º Fahrenheit:
º Celsius:


Converter intensidade do vento

O vento prodúcese pola diferencia de presión entre dous puntos adxacentes. Inicialmente flúe desde a alta á baixa presión pero, pola rotación terrestre, no hemisferio sur o vento cúrvase cara á esquerda. Isto dá lugar a unha circulación de vento a favor das agullas do reloxo arredor dunha baixa presión e en contra das agullas do reloxo arredor dunha alta presión.


Escriba a velocidade do vento nun casilleiro para convertila ás outras escalas:


MPH:
Km/h:
Nós:
m/s:


Cáculo da humidade relativa

Unha forma de observar o contido de vapor de auga que contén unha determinada masa de aire, é a través da humidade relativa. ésta representa a razón entre a humidade real presente e a que habería se o aire estivese saturado (é dicir, que non admite máis vapor da auga) expresado en porcentaxe. Para obter este valor é necesario contar coa temperatura do aire e a temperatura de orballo.


Escriba a temperatura do aire e a temperatura de orballo a calcular:


Temperatura: C F
Temperatura de orballo:
Humidade relativa:


Sensación térmica influenciada pola intensidade do vento

A sensación térmica representa a temperatura que sinte un home fronte a unha determinada combinación de temperatura do aire e humidade relativa (ou outra variable de humidade). A menor ou maior sensación de incomodidade, vese tamén influenciada pola velocidade do vento.


Escriba a temperatura e a velocidade de vento:


Temperatura: C F
Velocidade do vento: NDS Km/h
Sensación térmica:


Converter presión atmosférica

é a presión que exerce a atmosfera nun punto determinado. A medición pode expresarse en varias unidades de medida: hectopascales, milibares, pulgadas ou milímetros de mercurio (Hg). Tamén se coñece como presión barométrica.


Escriba a presión atmosférica a convertir:


hPa (Milibares):
Milímetros de Mercurio:
Pulgadas de Mercurio:


Cálculo da presión a nivel medio do mar e a nivel da estación

Co fin de poder comparar as observacións de presión barométrica feitas en estacións situadas a diferentes alturas e a unha hora determinada, é necesario reducir os valores de presión medidos a un mismo nivel. Na maioría dos paises, a presión atmosférica observada redúcese ó nivel medio do mar.


Escriba os datos solicitados:


Datos solicitados Resultados
Presión lida (hPa): Presión a nivel da estación:
Temperatura termómetro húmido (ºC): Presión a nivel medio do mar (hPa):
Temperatura termómetro seco (ºC): Presión a nivel medio do mar tomada da pista (QNH):
Elevación da estación (m.)
Altura da cubeta barométrica (m.)
Latitude da estación en graos:


Cálculo do vento usando unha carta meteorolóxica (Intervalo 4hPa entre isobaras)

A carta meteorolóxica representa a posición dos sistemas frontais, centros de Altas e Baixas Presións. Ademáis, é posible obter, de xeito aproximado, o vento dun determinado lugar empregando a escala do vento xeostrófico. Para tal efecto, é necesario obter dela a distancia que separa as isobaras en graos e a latitude do lugar.


Escriba os datos solicitados:


Datos solicitados Resultados
Latitude: Vento Xeostrófico (Nós)
Distancia entre isobaras en graos: Vento Real (70% Xeostrófico) (Nós):

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.7.2
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia